Sabedes por qué empregamos o xogo como base da nosa aprendizaxe?
O xogo é unha das formas máis naturais e efectivas de aprendizaxe para os nen@s. A través do xogo, os pequenos/as non só se divirten, senón que tamén desenvolven habilidades importantes que les axudarán ao longo de toda a súa vida. Cando os nenos/as xogan, constrúen coñecemento, desenvolvendo a súa creatividade e resolven problemas, de xeito divertido e sen esforzo.
Co xogo, exploran novas ideas e conceptos. O xogo axúdaos a pensar de manera crítica, a enfrentar preguntas e a experimentar con soluciones aos problemas que atopen. Isto fortalece a súa capacidade de razoamento e aprendizaxe.
Aprendemos robótica e programación xogando coa profe Susana.
No Contexto Casa-Pobo, xogamos a facer a lista da compra cando nos toca no recanto da casiña.
Cando nos toca no supermercado, facemos reconto de material antes de abrir para atender aos clientes.
Xogando coas regletas, aprendemos os números e asociámolos coa súa cantidade.
Tamén xogamos a atopar os veciños dun número (o número anterior e o número posterior)
Seguiremos actualizando. . .
No hay comentarios:
Publicar un comentario