martes, 24 de junio de 2025

PORTADAS DO TERCEIRO TRIMESTRE

 Este trimestre fixemos unhas portadas moi veraniegas e cheas de cor. Para comezar, pintamos o fondo cunha paisaxe de praia usando témperas: a area en tons amarelos e o mar en diferentes azuis.

Despois, recortamos círculos vermellos de cartolina, que se converteron no corpo do noso protagonista: un simpático cangrexo.Engadímoslle as pinzas, as patas... e uns ollos moi especiais! Usamos ollos móbiles de pegatina, que lle deron un toque simpático e moi divertido ao noso personaxe.


Cada portada quedou única e moi creativa. Con esta actividade traballamos a motricidade fina, a composición artística e tamén espertamos as ganas de verán.

Cada portada foi diferente e feita con moito agarimo. Pasámolo xenial creando, recortando e pintando, e así despedimos o trimestre co sabor do verán.


VISITA SORPRESA NO PATIO

 

Hai uns días, no patio da escola, aconteceu algo máxico: chegou un visitante inesperado, pequeno   e misterioso coma un segredo da natureza. Era un escornaboi! Si, un deses seres que semellan saídos dun conto antigo, con armadura brillante e pasos lentos pero decididos.

Quedamos abraiados coa súa presenza, e decidimos coñecelo mellor. Descubrimos que non é un insecto calquera: é unha especie protexida, pois está en perigo de desaparecer. A súa vida é unha auténtica aventura de transformación: nace dun ovo, pasa a ser un verme que se agocha na terra e, despois, fabrica unha crisálida máxica onde repousa... ata que se converte neste pequeno cabaleiro alado. Un verdadeiro superheroe da natureza!




Sabendo todo isto, comprendemos que tiñamos unha misión importante: protexelo. Así que, como auténticos gardiáns do escornaboi, levámolo ata a parte máis tranquila e agochada do horto do cole, onde os pés curiosos non poidan ferilo por erro. Alí, entre herbas e raioliños de sol, quedou libre e seguro, listo para seguir a súa aventura.



domingo, 15 de junio de 2025

CUMPRE DE ABRIL E CUMPRES DE MAIO



 No mes de abril marchou a luz co biscoito no forno, por iso en maio repetimos receita e biscoito e desta vez sí que puidemos dar boa conta do riquísimo que estaba.


Así o celebramos na clase .


Seguiremos actualizando. . .

sábado, 14 de junio de 2025

VISITA Á GRANXA ESCOLA DE BELELLE

 O pasado luns visitamos a Granxa Escola de Belelle en Neda, un espazo de convivencia en plena natureza onde os/as peques puideron  coñecer de preto o medio natural e aprender a respectalo a través de experiencias enriquecedoras e prácticas.

Durante a xornada, o alumnado participou en diversos obradoiros adaptados á súa idade e ritmo de aprendizaxe:

🌾 Obradoiro de aves
Os monitores e monitoras ensináronlles aos peques as características das distintas especies de aves, o proceso de reprodución dos ovíparos e outras curiosidades. Puideron ver de preto avestruces,  patos, galiñas, pavos reais, palomas, ocas, etc

🐄 Obradoiro de mamíferos
Neste taller aprenderon a identificar os diferentes mamíferos da granxa, os seus hábitos alimenticios, o seu coidado, as normas de hixiene, e o seu ciclo vital. Coñeceron tanto animais tradicionais como a vaca, cabra, ovella, coello, burro ou porco; como outros máis exóticos coma o dromedario ou a llama.

🍞 Obradoiro de pan
Os/as peques coñeceron os ingredientes que se usan para facer o pan, de onde proceden, como se amasa e como se coce. Cada un amasou o seu propio boliño de pan e levarono  para casiña.

🌸 Obradoiro de sales aromáticas
Aprenderán a elaborar sales aromáticas a partir das plantas aromáticas, neste caso empregaron lavanda.

🐴 Obradoiro de equitación
Deron  un paseo en poni. . Ademais, aprenderán a coidar destes animais, identificar as súas partes e coñecer os materiais necesarios para montar.

Foi unha xornada para desfrutar, aprender e convivir nun entorno natural, que axudou a reforzar o respecto polos animais, a natureza e os compañeiros e compañeiras.

Green and Yellow Illustration Farming Presentation de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . . 

INICIACIÓN Á SUMA E Á RESTA DE XEITO MANIPULATIVO.

Estamos comezando a traballar os primeiros conceptos matemáticos relacionados coa suma e a resta, e facémolo dun xeito adaptado á etapa evolutiva d@s peques: a través do xogo e da manipulación de materiais concretos.

A nosa forma de ensinar estas operacións parte dunha base moi clara e sinxela:

👉 Sumar é xuntar.
👉 Restar é quitar.

Para que @s peques entendan estes conceptos, propoñemos situacións cotiás e actividades nas que poidan ver, tocar e experimentar o que significa engadir ou quitar elementos. Por exemplo:

  • Usamos pezas, bloques, bonecos ou froitas de xoguete para representar cantidades. Se temos 2 mazás e engadimos 1 máis, contamos cantas hai agora.

  • Creamos pequenas historias ou contos nos que acontecen sumas e restas (ex: "Tíñamos 4 osiños, marcharon 2, cantos quedan?" " Antón Piñón e Benito quedan no  parque de Vilaboa a xogar, Antón leva 2 xoguetes e Benito 3. Cantos xoguetes levan entre os dous?).


  • Facemos xogos simbólicos: preparar a comida para uns amigos, repartir xoguetes ou facer compras no supermercado de xoguete.

  • Introducimos tarxetas con imaxes ou números cando o grupo está preparado, sempre como apoio visual ao que están a manipular.

O obxectivo principal é que comprendan o significado da acción de xuntar (sumar) ou quitar (restar) antes de pasar ao uso de símbolos ou operacións máis formais. A aprendizaxe debe ser significativa, lúdica e vivencial.

Agradecemos moito o voso apoio dende casa e animámosvos a propoñer pequenas situacións de suma e resta na vida diaria: poñendo  a mesa, recollendo xoguetes, contar cantos zapatos hai, etc.

Aqui vos deixamos unha escolma de fotiños para que vexades como o facemos no cole.










Seguiremos actualizando. . .


domingo, 8 de junio de 2025

TALLER DE REPTÍS

 Esta semana recibimos a visita de "Aula de Reptiles" e participamos nun taller interactivo no que aprendimos moitas curiosidades dos reptís  e tamén explicáronos que os animais exóticos non son mascotas, son unha responsabilidade moi grande , que non podemos abandonar cando nos aburrimos deles, e que incluso algúns poden poñen en perigo os nosos ecosistemas porque son especies invasoras.

Vimos tartarugas de mar e de terra, un dragón barbudo, un guecko leopardo (dos poucos lagartos capaces de parpadear), lagartos que perderon evolutivamente as súas patas e agora parecen serpes, serpes e. . . a estrela do taller: Perlita, unha pitón criada en cautividade á que coidan porque non sería capaz de sobrevivir en liberdade.

Reptiles Presentation in Green Photographic Style de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . . 

viernes, 6 de junio de 2025

TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS

 Esta semana asistimos a  un taller de primeiros auxilios impartido por 3 nais da AFA.

Aprendimos cómo temos que facer cando alguén ten un accidente, xa sabemos que temos que chamar ao 112, a posición na que debemos colocar ao accidentado/a, o xeito no que temos que tentar reanimalo, axudar a alguén en caso de atragantamento, etc.

Taller de primeiros auxilios de Bibianaboedoedu



Seguiremos actualizando. . . 

XOGOS COMPARTIDOS NO PATIO

 Estes días son intensos, comeza a facer calor, están cansos, máis ronchiñas e ás veces precisan desfogar. Sair un ratiño extra e ter o patio para nós soliñ@s sentounos xenial e voltamos a clase con enerxía renovada.


Definición de amistade. . . de Bibianaboedoedu

Seguiremos actualizando. . .

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

 Este luns fixemos  un simulacro de evacuación no colexio e unha vez rematado aproveitamos para visitar a Ambulancia e o camión de Protección Civil por dentro.

Aqui vos deixamos unha escolma de fotos da Ambulancia, na que dúas nais da AFA nos explicaron moitas cousas do seu funcionamento e ensináronos o que tiña dentro .



Agora amosámosvos as nosas fotos da visita ao camión de Protección Civil, onde puidemos facer sonar a serea.



Seguiremos actualizando. . .

TALLER DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

 Fai uns días pasámolo xenial co taller de Instrumentos Tradicionais Galegos grazas a Olga e Pablo da Asociación Cultural Donaire.





Gustounos tanto que logo bailamos na clase!


Seguiremos actualizando. . .