sábado, 14 de junio de 2025

INICIACIÓN Á SUMA E Á RESTA DE XEITO MANIPULATIVO.

Estamos comezando a traballar os primeiros conceptos matemáticos relacionados coa suma e a resta, e facémolo dun xeito adaptado á etapa evolutiva d@s peques: a través do xogo e da manipulación de materiais concretos.

A nosa forma de ensinar estas operacións parte dunha base moi clara e sinxela:

👉 Sumar é xuntar.
👉 Restar é quitar.

Para que @s peques entendan estes conceptos, propoñemos situacións cotiás e actividades nas que poidan ver, tocar e experimentar o que significa engadir ou quitar elementos. Por exemplo:

  • Usamos pezas, bloques, bonecos ou froitas de xoguete para representar cantidades. Se temos 2 mazás e engadimos 1 máis, contamos cantas hai agora.

  • Creamos pequenas historias ou contos nos que acontecen sumas e restas (ex: "Tíñamos 4 osiños, marcharon 2, cantos quedan?" " Antón Piñón e Benito quedan no  parque de Vilaboa a xogar, Antón leva 2 xoguetes e Benito 3. Cantos xoguetes levan entre os dous?).


  • Facemos xogos simbólicos: preparar a comida para uns amigos, repartir xoguetes ou facer compras no supermercado de xoguete.

  • Introducimos tarxetas con imaxes ou números cando o grupo está preparado, sempre como apoio visual ao que están a manipular.

O obxectivo principal é que comprendan o significado da acción de xuntar (sumar) ou quitar (restar) antes de pasar ao uso de símbolos ou operacións máis formais. A aprendizaxe debe ser significativa, lúdica e vivencial.

Agradecemos moito o voso apoio dende casa e animámosvos a propoñer pequenas situacións de suma e resta na vida diaria: poñendo  a mesa, recollendo xoguetes, contar cantos zapatos hai, etc.

Aqui vos deixamos unha escolma de fotiños para que vexades como o facemos no cole.










Seguiremos actualizando. . .


No hay comentarios:

Publicar un comentario