sábado, 14 de junio de 2014

MENOS LOBOS ! ! !

Hai uns días levaron para casa un títere dun lobo, pero aínda non vos contamos como decidimos facelo.
O noso compañeiro Marc trouxo un conto que fixo a súa tía Iria. O conto titulábase: En boca del lobo.


Cando lin a historia, pensei que me podería dar moito xogo para facer unha pequena actividade na que facelos pensar. Comparar a imaxe ca que sempre aparece o lobo nos contos tradicionais que todos coñecemos, ca imaxe real do lobo que nos amosaba esta fermosa historia.

O primeiro que fixen foi contarlles o conto de Carapuchiña, ben coñecido por tod@s.


 Pero na versión de Lucy Cousins, que ten unhas ilustracións que me gustan moito.


Tras a lectura do conto, fíxenlles distintas preguntas sobre o carácter dos personaxes, e ao chegar ao lobo, toooooood@s por unanimidade pensaban que era malo malísimo.
Iso si, era malo pero moi listo, porque se disfrazaba de avoíña para enganar a Carapuchiña. (Este é o tipo de razonamentos que me encantan ! ! ! ja ja ja! ! !)


Pregunteilles si coñecían outros contos onde aparecese un lobo, e as súas respostas foron , como non podía ser doutro xeito, encamiñadas cara a outros contos tradicionais:

O lobo e os 3 porquiños , onde o lobo destrúe a sopridos as casas dos porquiños porque é malo malísimo e os quere comer.


E outro clásico; O lobo e os sete cabritos. Con outro lobo doente, que tamén só pensa en comer aos cabritiños.


Chegados a este punto, tirei do fío. . . Preguntei por qué o lobo era malo nos tres contos. Chegaron á conclusión de que en todos quería comer a alguén.
Seguín tirando. . . e sementei unha dúbida: Pero si sempre quere comer a alguén. . . non será que ten fame??? E vos qué facedes cando tendes fame ???
- Mamá nos pone la comida.
- La compra en en super.
- O en la carnicería.
E seguín tirando. . . pero mamá e papá van cazar cousas para darvos de comer???
- Nooooo, compran las cosas en el supermercado.
E seguín tirando. . . E os lobos van comprar no supermercado???
- Nooooo, los lobos no tienen supermercado
E eu veña a tirar. . . Daquela qué fan os lobos para comer?
- Pues cazar, porque non tienen supermercado en el bosque.
Tirei e tirei ata chegar onde eu quería: Daquela  os lobos cando teñen fame e necesitan comer coma nós, para ter forza e medrar . . . ¿qué fan?
- Cazar otros animales.
E non facían o mesmo os peixes grandes do mar?
- Es verdad, si, se comían a los pequeños.
-E eran malos os peixes grandes?
- No.
- Qué comen as xoaniñas?
- Pulgones.
- Os pulgóns son animais más pequenos que elas?
- Si.
- Daquela son malas as xoaniñas por comer pulgóns?
- No son buenas, tienen hambre y los pugones se comen las hojas de las plantas.
-Daquela cada un ten que comer o que necesita para vivir?
- Si
E os lobos serán tan malos como din nos contos ou comerán o que necesitan para vivir?
Diferencia de opinións chegados a este punto, pero a dúbida xa estaba no aire, e iso era o que eu quería.
- Son malos.
-Un poco malos y un poco buenos.
- Malos en los cuentos, pero los de verdad no son malos.
- Necesitan comer, pero en el bosque no hay tiendas.
Chegados ata aqui, como xa os fixera pensar, propúxenlles pensar niso na casa e seguir falando ao día seguinte, para que as ideas repousen.

Ao día seguinte, linlles o conto da tía Iria: En boca del lobo.
Ao rematar, repetín a pregunta do día anterior:

E os lobos serán tan malos como din nos contos ou comerán o que necesitan para vivir?

Xa había unanimidade:

-Los lobos no son malos
- Cazan porque necesitan comer
- También tienen que tener cuidado de que non los cacen a ellos.
- Tenemos que cuidarlos para que no se acaben los lobos del bosque

Ao final, como sucede sempre, nin os bos son tan bos, nin os malos son tan malos.
E o lobo é un animal ben fermoso, co que non debemos asustar aos nen@s.


Rematamos as nosas sesións de "xogar a pensar" adicadas ao lobo facendo un títere de lobo, que atopei na páxina http://krokotak.com/


E eu remato esta entrada cambiando un conto clásico, cunha versión que estou segura que vai gustar máis. . .  


Bicos e graciñas a Marc e Iria ! ! !

No hay comentarios:

Publicar un comentario