viernes, 6 de junio de 2014

GAFAS MÁXICAS PARA VER AS LETRAS MINÚSCULAS ! ! !

Fai uns días, vin nunha das miñas páxinas de internet favoritas unhas gafas estupendas e dixen: Estas para os meus piratas! ! !


Puxémonos a traballar para pintar os tubos de papel hixiénico que sobraron da actividade de reciclaxe que tivemos fai un tempo.



Despóis a bruxa Pepita, que debe ter moito tempo libre, montou as gafas e. . . este foi o resultado ! ! !


Agora xa temos unhas gafas máxicas para ver as letras minúsculas como nen@s maiores ! ! !
E a anécdota de hoxe foi xenial ! ! !
Eu dixen: Hoxe ímos levar para casa as gafas especiais, son gafas de maiores para ver as letras minúsculas porque xa somos maiores.
E, en canto as puxeron, un deles mirou para o seu nome da etiqueta da mesa, que agora está en minúsculas e tamén en maiúsculas e dixo:
uuuuuuyyyyy si, es verdad, las veo más grandes ! ! !
ja ja ja. . . bendita inocencia ! ! !


A que estamos guap@s ? ? ?


Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario