viernes, 28 de noviembre de 2014

REFLEXIÓNS DUNHA MESTRA CON VOCACIÓN QUE ÁS VECES SE SINTE TRATADA CON POUCA EDUCACIÓN.

Isto é o que me gusta facer. (Grazas Lola por sacarme a foto)


E así é como me sinto na aula (imaxe tomada do blog de Manu Velasco)


Dito esto, e sendo este o terceiro curso que compartimos no mesmo barco ( mais ou menos), penso que debería sobrar dicir que me gusta o meu traballo e o desfruto, e que aínda que non sempre estemos dacordo, SEMPRE que vos aconsello móveme O MELLOR PARA OS NEN@S.

Refírome a consellos que non me cansarei de repetir tales como:

- As rutinas diarias son para os nen@s o que as paredes son para unha casa. Dalles fronteiras e dimensións á súa vida, dalles seguridade. Ningún neno se sinte cómodo nunha situación na que non sabe qué esperar.  Por iso a importancia de asistir regularmente á escola de xeito puntual. A puntualidade é unha mostra de respecto polos demáis, posto que a impuntualidade de algúns afecta a todo o grupo. Xa vos dixen que deixei de contar o conto a primeira hora por ese motivo, ter que interrompelo continuamente perdendo a atención dos cativos.

- A puntualidade non é só á entrada, tamén á saída, pois para os nen@s que teñen que esperar e ven como @s outr@s marchan, ista situación é motivo de inseguridade.

- A asitencia regular á escola axuda aos cativos destas idades a axustarse a un horario de clase e aprender os seus procesos e rutinas diarias, facilitándolles a organización da súa vida académica presente e futura. Por iso a importancia de non faltar á escola, e aproveito para lembrarvos xustificar as faltas.

- Os adultos somos modelos de comportamento para os nen|@s. A familia xoga un papel fundamental nos primeiros anos dos nen@s, xa que moitos dos hábitos, costumes, normas, etc que se adquiren na familia acompáñanos ao longo de toda a vida.  O aprendizaxe destos, teñen moitas veces unha proxección inmediata na aula e no trato dos cativ@s cos seus compañeiros. ( Por exemplo, se nos ven mentir el@s vano facer, se nos ven berrar el@s vano reproducir, etc). Por iso, se queremos que a súa integración social sexa exitosa, debemos ser modelos o máis exemplares posibles.

- A importancia de poñer normas e límites que @s axuden a medrar de xeito responsable, posto que temos a obriga de axudalos no seu desenvolvemento moral, a saber o que está ben e o que está mal e a relacionarse de xeito positivo e saber convivir e vivir en sociedade.

Unha vez lembrada toda a miña "matraca" que xa me escoitáchedes moitas veces, gustaríame repetir unha vez máis que TODO O DIGO PENSANDO NO MELLOR PARA OS CATIVOS,  aos que a estas alturas da pelicula teño xa un cariño especial, e que cando vos aconsello ou vos lembro algo, aínda que non estedes dacordo, non debedes esquecer que estades nun CENTRO EDUCATIVO, e non se debe contestar: " Jod. . .r tía, no me alteres ".

Grazas pola vosa colaboración.

P.D. A petición de meu pai, que me lé todas as semanas, non puxen o "taco" enteiro e puxen puntos suspensivos. 

Bicos.


MANUALIDADES DE NADAL.

Hoxe levaron unha notiña para casa na que pedíamos a vosa colaboración para elaborar unhas manualidades de Nadal. 

Precisamos antes do vindeiro venres día 5 de decembro, para que teñamos tempo de elaboralas:

- 1 tubo de cartón dos do papel hixiénico.
- 1 veliña pequena e plana. A vela pode ser con ou sen olor e da cor que máis lles guste, pero é importante que sexa das pequenas.

Por si houbese algunha dúbida, poñemos unha foto.



Bicos.

CUMPLEANOS DE HUGO ! ! !

O mércores celebramos o cumple de Hugo tamén cun rico biscoito con forma de número 5 e o seu nome. A lástima, que o cumpleañero non se atopaba moi ben e non puido rematar a súa propia merenda.


Parabéns Hugo e que teñas moitos agasallos ! ! !

Bicos.

CUMPLEANOS DE SILVIA! ! !

Este martes celebramos o cumple de Silvia merendando un rico biscoito de chocolate en compañía da súa nai.


Parabéns Silvia e que teñas moitos agasallos ! ! !

Bicos.

sábado, 22 de noviembre de 2014

AVENTURAS ESPACIAIS XAMÁIS CONTADAS ! ! !

Fai un tempo que non vos falamos do espazo, pero non vos pensedes que temos o tema descoidado.
As nosas pesquisas sobre o tema continúan.

Estivemos falando do sol, sabemos que é a estrela máis brillante de todas, que é como unha gran bola de lume, que os planetas xiran ao redor del , que nos proporciona luz e calor, etc. A información aprendida quedou recollida nun traballiño que pasará a formar parte do noso libro do espazo.


Tamén falamos da lúa, dos seus cráteres, lembramos que é un satélite e por iso non ten luz propia, e de como a podemos ver grazas á luz que reflexa o sol. Unha vez máis recollimos o aprendido nun traballiño para o noso libro do espazo.


Aprendimos unha poesía sobre os planetas e buscamos o nome de cada planeta no texto.


O máis difícil todavía; facemos series con planetas ! ! !


Seguimos recibindo aportacións e moitos debuxos ! ! !
A producción plástica desta xente menuda é inmensa ! ! !


Comezamos a investigar máis polo miúdo planeta por planeta.
Comezamos por Mercurio, por ser o máis próximo ao sol, o planeta máis pequeno do Sistema Solar, que non ten satélites e é como unha bola rocosa.


Pero sen dúbida. o que máis lles chamou a atención de Mercurio foi o seu amanecer dobre.
Aqui vos deixamos o vídeo , pois seguro que desfrutan véndoo de novo.


Tamén falamos de Venus, o segundo planeta contando dende o sol, case tan grande como a Terra. Sabemos que é un planeta moi quente, que ten na súa superficie montañas e volcanes e está rodeado por unhas nubes amarelas de ácido, que fixemos empregando papel de seda.


Aqui vos deixamos un vídeo no que podedes ver cánto e qué ben traballamos.

AVENTURAS ESPACIAIS XAMÁIS CONTADAS ! ! ! on PhotoPeach

Bicos e boa semana ! ! !

domingo, 16 de noviembre de 2014

O GALO QUIRICO.

Este venres, @s alumn@s de 4º curso da profe Victoria, representaron para nós a modo de obra de teatro o conto: O galo Quirico.


Acudimos ao lugar e hora sinalada nas nosas invitacións, elaboradas por el@s tamén.
É de destacar o traballo que fixeron, pois elaboraron invitacións para a nosa clase e para a clase da profe Pilar. Todas as invitacións estaban feitas a man, eran todas chulísimas  e había unha para cada nen@! ! !
E tamén fixeron eles o decorado! ! !

Asi, á última hora da mañán chegamos á Biblioteca do cole, e como si dunha representación profesional se tratase, os acomodador@s nos indicaron o lugar onde tiñamos que sentarnos.


Ao pouquiño comezou a representación, e facíano tan ben que non pestanexábamos para non perder detalle ! ! !


Descubrimos nos nosos compañeir@s maiores uns actores e actrices estupend@s! ! !


Fomos o público máis agradecido do mundo, pois ben o merecían.


Cándo seremos maiores para ser tan artistas coma el@s ! ! !


E aqui vos deixamos a foto de familia final, con tod@s os actores, actrices e acomodador@s, posando no medio de aplausos  e berros de : Artistas ! Artistas! Artistas!

Grazas aos compañeir@s maiores e á profe Victoria por  colaborar unha vez máis noutra experiencia enriquecedora para tod@s ! ! !

Agora si, rematei as fotos.
Esta semana foi tan intensa que, cando me din conta, tiña máis de 200 fotos.
A selección foi difícil e ao final optei por varias entradas para darlle a cada cousa o seu protagonismo.

Boa semana.
Bicos.

sábado, 15 de noviembre de 2014

AS AVENTURAS DE ROSETTA E O ROBOT PHILAE NO COMETA 67P.

As nosas pesquisas sobre o espazo continúan e. . . como a actualidade manda, esta semana investigamos ao redor da noticia do momento.

FOTO DA AXENCIA ESPACIAL EUROPEA

E esta é a nosa visión do acontecido.


Penso, sinceramente, que xa están preparad@s para traballar na Axencia Espacial Europea ! ! ! ja ja ja. . .

Para chegar a comprender o acontecido, traballamos ao redor das noticias que saíron no xornal e visitamos a páxina da ESA (Axencia Espacial Europea), onde puidemos ver uns vídeos fantásticos e moi educativos.

Este vídeo da ESA explica en formato debuxo animado a misión de Rosetta e Philae.



Neste, tamén da páxina da ESA visionamos a chegada de Philae ao Cometa 67P.




E así foi como investigamos e plasmamos o aprendido.


ROSETTA E PHILAE NO COMETA 67P on PhotoPeach

Recoméndovos que visitedes con eles a páxina da Axencia Espacial Europea, ten cousas moi interesantes. Aquí vos deixo o enlace:
http://www.esa.int/esl/ESA_in_your_country/Spain

Xa sei que moitos aproveitáchedes esta semana dos museos para visitar a Casa das Ciencias e o Planetario. @s que non o fixéchedes, non vos preocupedes porque temos a visita pedida e iremos máis adiante.

Bicos.

VISITA DA DRAGONA RAMONA

O mércores recibimos a visita da Dragona Ramona.
Contounos un conto moi emocionante, pois os seus protagonistas eran piratas e monstruos.


O conto titulábase: "Aqui hay monstruos" e como podedes imaxinar, encantounos ! ! !


A Dragona Ramona, alegrouse moito de ver nen@s coñecid@s en especial á nosa Paula, que a visita na Biblioteca dende que era moooooooi pequeniña.


 Despóis descubriu máis caras coñecidas e animou a tod@s a visitar a Biblioteca de Vilaboa, que é onde se atopa agora de xeito provisional.


Contounos a historia do Capitán Feroz e a súa tripulación e deixounos ca boca aberta.





E cando o conto rematou, sacamos unha foto de grupo ben chula na que saímos as dúas clases.


Bicos.







viernes, 14 de noviembre de 2014

COLABORAMOS CO BANCO DE ALIMENTOS RÍAS ALTAS.

Ao longo desta semana participamos na campaña solidaria de recollida de alimentos en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas e conseguimos encher as 25 caixas que deixaron no colexio! ! !

A TOD@S OS QUE COLABORÁCHEDES. . . 

GRAZAS ! ! !




Bicos e. . .tentarei ir publicando máis fotos interesantes ao longo desta fin de semana. . . ( visita da Dragona Ramona, as nosas pesquisas sobre Rosetta e o robot Philae, a obra de teatro que prepararon para nós os nen@s de 4º da profe Victoria. . . )

MAGOSTO 2014.

Este martes,  celebramos a festa do Magosto na escola.
Por mor do tempo, que non acompañou a celebración, tivemos que comer as castañas nas aulas, pero aínda así pasámolo moi ben.

Preparamos uns colares de castañas para engalanarnos nese día.



Xogamos na pizarra dixital a xogos relacionados co Magosto.



Fomos recoller as castañas, asadas na panadería "Tahona de Bea" ,á que dende aqui temos que agradecer a súa colaboración desinteresada e tamén a axuda prestada pola ANPA do cole durante toda a celebración.


Comímolas na clase mentras dábamos leria. . . que diso temos moito. . .


Fixemos un momento " Photocall " como os famosos e posamos no corredor xunto aos colares de castañas.









Fixemos distintos traballiños plásticos relacionados co Magosto.



Os compañeir@s que participaron no concurso de POSTRES TERRORÍFICOS, levaron para casa un libriño con todas a receitas gañadoras.
E o noso Lucas, xunto co seus irmáns Leo e Luna, recibiron o segundo premio na categoría de sabor, pola súa tarta de cabaza e chocolate.


Pero. . . mellor será que vos deixemos un vídeo resumo das nosas aventuras no Magosto.

MAGOSTO 2014 on PhotoPeach

Bicos.