Este venres, @s alumn@s de 4º curso da profe Victoria, representaron para nós a modo de obra de teatro o conto: O galo Quirico.
Acudimos ao lugar e hora sinalada nas nosas invitacións, elaboradas por el@s tamén.
É de destacar o traballo que fixeron, pois elaboraron invitacións para a nosa clase e para a clase da profe Pilar. Todas as invitacións estaban feitas a man, eran todas chulísimas e había unha para cada nen@! ! !
E tamén fixeron eles o decorado! ! !
Asi, á última hora da mañán chegamos á Biblioteca do cole, e como si dunha representación profesional se tratase, os acomodador@s nos indicaron o lugar onde tiñamos que sentarnos.
Ao pouquiño comezou a representación, e facíano tan ben que non pestanexábamos para non perder detalle ! ! !
Descubrimos nos nosos compañeir@s maiores uns actores e actrices estupend@s! ! !
Fomos o público máis agradecido do mundo, pois ben o merecían.
Cándo seremos maiores para ser tan artistas coma el@s ! ! !
E aqui vos deixamos a foto de familia final, con tod@s os actores, actrices e acomodador@s, posando no medio de aplausos e berros de : Artistas ! Artistas! Artistas!
Grazas aos compañeir@s maiores e á profe Victoria por colaborar unha vez máis noutra experiencia enriquecedora para tod@s ! ! !
Agora si, rematei as fotos.
Esta semana foi tan intensa que, cando me din conta, tiña máis de 200 fotos.
A selección foi difícil e ao final optei por varias entradas para darlle a cada cousa o seu protagonismo.
Boa semana.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario