Este xoves celebramos a festa do Samaín na escola.
Pero os espíritos do Samaín levan acompañándonos toda a semana, asi que xa levamos tempo ambientando a escola, escoitando historias de terror e ensaiando o baile.
Quixera agradecer ás familias a súa colaboración aportando cabazas e outros adornos.
Mirade qué chulada ! ! !
Subimos á entrada do cole, ambientada para a ocasión, a escoitar o conto de Kalandraka: Un fantasma con asma.
Aquí vos deixamos unha versión de You Tube para que poidan lembralo na casa.
Ademáis recibimos a visita de Elena, unha nena maior de 5º, que nos ensinou o baile do Samaín suuuuuuperben.
Grazas Elena polo ben que te explicaches e a paciencia que tiveches con nós.
Eres unha super-profe de baile! ! !
Por fin, chegou o gran día! ! !
E así de guap@s e terrorífic@s posamos ! ! !
Puxémonos as botas comendo postres do Samaín que trouxeron os nosos compañeiros! ! !
PERDÓN Á FAMILIA DE LUCAS, ESQUECIMOS SACAR UNHA FOTO CO SEU IRMÁN LEO E CO POSTRE.
Tamén posamos no mellor dos escenarios terroríficos: a entrada da escola! ! !
Visitamos a mesa con todos os deliciosos postres, cantamos e bailamos no patio, escoitamos os poemas dos nen@s doutros cursos, etc.
Foi un día moi intenso, que vos tentamos resumir nas seguintes imaxes.
SAMAÍN 2014 on PhotoPeach
Pasádeo ben e. . . ata o mártes ! ! !
POR CERTO, AS VISERAS TERRORÍFICAS QUE FIXEMOS LEVARÉMOLAS O MÁRTES.
DÍXOME PEPITA QUE ÍA POÑERLLES UNHA GOMA NESTA PONTE.
Bicos.
Grazas polos vosos comentarios no vídeo! ! !
ResponderEliminarBicos.
Bibi.