sábado, 27 de mayo de 2023

XOVES DE CIENCIA 25-05-2023

 Como xa sabedes, dende o Clube de Ciencia do noso colexio, cada xoves un curso encárgase de explicar o seu experimento ou proxecto científico. Este xoves tocábanos a nós e, como estabamos investigando o corpo humán, decidimos facer unha maqueta explicando o funcionamento do aparello dixestivo.

Nas últimas semanas xa vos fomos ensinando a elaboración da nosa maqueta, pero ímos lembrar cómo foi o proceso de construcción.

Primeiro investigamos o funcionamento do aparello dixestivo e tentamos comprender o seu funcionamento.

Despóis, debuxamos e pintamos a nosa maqueta.


Unha  vez que a nosa maqueta estivo pintada, fixemos as partes móbiles para explicar o percorrido que fai a comida polo noso corpo, escribimos os nomes das distintas partes do corpo das que queríamos falar e colocamos os botóns do Anybook. O lápis de audio Anybook permitiunos grabar coa nosa voz as explicacións pertinentes en cada parte do corpo da que queríamos falar.


Xa por último, coa maqueta rematada, ensaiamos na clase  a nosa participación no Xoves  de Ciencia  explicando o funcionamento do Aparello Dixestivo.

Mirade qué requeteben o sabemos explicar!!!


E xa por último, participamos no Xoves de Ciencia , e @s nos@s representantes explicaron a nosa maqueta a tod@s os interesados que se achegaron ao noso posto científico.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

MARCELLE 22-05-2023

 Este luns fixemos unha visita moi emocionante a Marcelle.

Alí, tivemos o pracer de que a nosa monitora Valeria nos acompañase e explicase magníficamente moitísimas cousas de todos os animais que vimos ali.

Aqui vos deixamos unha recopilación dos nosos mellores momentos.












Seguiremos actualizando. . .
Biquiños.

Bibi


sábado, 20 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023, PAXARIÑOS, YAYOI KUSAMA E MOITO MÁIS. . .

 Esta semana no Contexto de Arte pintamos uns paxariños fantásticos.

A profe Ana voltou  de visita e para axudarnos coas artistadas .


Fixemos composicións artísticas con diversos materiais e xogos.


Celebramos o Día das letras Galegas , adicado este ano a Francisco Fernández del Riego, todos/as xuntos/as no patio do colexio , onde puidemos presenciar distintas actuacións de todos os cursos, a entrega de premios de relato curto e poesía e para o fin de festa desfrutamos do Himno Galego.

Aqui vos deixamos unha escolma de fotos da conmemoración.






Ademáis o alumnado de Educación infantil bailamos a muiñeira coa canción "Pousa" de Uxía Lambona e a banda molona.


Tamén preparamos un vídeo de "Palabras riquiñas" que podedes ver no seguinte enlace , que vos levará á páxina web da nosa Biblioteca


Para participar nos "Xoves de ciencia" do colexio ,continuamos a facer a nosa maqueta para explicar o funcionamento do aparello dixestivo.
Esta semana colocamos as pegatinas do Anybook nas distintas partes do corpo, logo grabámonos explicando o que pasaba en cada unha delas e agora ao pulsar co lápis do Anybook sobre elas pódese escoitar a nosa explicación.
Tamén estivemos preparando as partes móbiles da nosa maqueta e xa pronto poderedes vela ao completo.


Fixemos puzzles en equipo.


Estamos rematando a secuencia didáctica de debuxar aos compis , xa casi nos debuxamos a tod@s! ! !


No Contexto de Teatro inventamos e representamos contos con: presentación, nudo e desenlace.


Aprendemos, escribimos e debuxamos vocabulario de primavera.


Facemos xogos de lectoescritura.


Como xa investigamos moito sobre a vida e a obra de Yayoi Kusama, agora estamos a aprender cousas sobre a cultura do seu país: Xapón.


Comezamos pola súa bandeira, aprendendo que representa o sol e chámase HINOMARU, que significa  CÍRCULO SOLAR.
Tamén xogamos a inventar bandeiras e representalas modelando plastilina.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi

domingo, 14 de mayo de 2023

CONTOS, BISCOITOS, MODELADO, MATES MANIPULATIVAS E MOITO MÁIS. . .

 No Contexto de Teatro estamos a traballar as partes dos contos. Deste xeito , as historias que inventamos e representamos por equipos no escenario están sendo moito máis elaboradas.


Elaboramos os biscoitos dos cumpleañeir@s de abril e maio.


Participamos na Carreira Solidaria Save the Childen polo Día de Europa.



No contexto de casa-pobo fixemos a lista da compra.


Compartimos momentos de xogar e aprender.


No Contexto de  Arte fixemos distintas composicións artísticas.


Tamén fixemos modelado en equipo de xeito colaborativo.


E recortamos follas para montar unha sorpresiña.


Ademáis continuamos pintando as esculturas estilo Yayoi Kusama que modelamos a semana pasada.


Seguimos aprendendo matemáticas de xeito manipulativo con distintos xogos no Contexto de Casa-pobo:
- Construímos contando.


- Completamos a serie numérica do Monstro de cores.


- Xogamos á pizza matemática.


- Facemos sumas e restas con flores e regadeiras.


- No Supermercado facemos o inventario, atendemos aos clientes e clasificamos e preparamos pedidos nos carros da compra.


Ás veces en lugar de ler conto, vemos un corto animado e logo reflexionamos e falamos na asamblea sobre o seu argumento. 


Esta vez tocou falar sobre o bullying coa curtametraxe: Un puercoespín en Navidad.


Estamos a facer unha maqueta do aparello dixestivo para participar nos  " xoves de Ciencia" do colexio.



Despedimos a Ana, que remata as súas prácticas do Grao de Mestra de Educación Infantil, cunha sorpresa que lle tiñamos preparada e que. . . algún "paxariño" custoulle non dicirllo. . . ¡Aiiiii eses paxariños faladores...qué perigo teñen!!!
Pero Ana tamén tiña unha sorpresa para nós, fíxonos brownie de chocolate riquísimo para convidarnos á merenda.


¡Grazas por todo profe Ana!
Xa sabes que aqui tes as portas abertas sempre .

Seguiremos actualizando. . .
Biquiños

Bibi