Esta semana no Contexto de Arte pintamos uns paxariños fantásticos.
A profe Ana voltou de visita e para axudarnos coas artistadas .
Fixemos composicións artísticas con diversos materiais e xogos.
Celebramos o Día das letras Galegas , adicado este ano a Francisco Fernández del Riego, todos/as xuntos/as no patio do colexio , onde puidemos presenciar distintas actuacións de todos os cursos, a entrega de premios de relato curto e poesía e para o fin de festa desfrutamos do Himno Galego.
Aqui vos deixamos unha escolma de fotos da conmemoración.
Ademáis o alumnado de Educación infantil bailamos a muiñeira coa canción "Pousa" de Uxía Lambona e a banda molona.
Tamén preparamos un vídeo de "Palabras riquiñas" que podedes ver no seguinte enlace , que vos levará á páxina web da nosa Biblioteca
Para participar nos "Xoves de ciencia" do colexio ,continuamos a facer a nosa maqueta para explicar o funcionamento do aparello dixestivo.
Esta semana colocamos as pegatinas do Anybook nas distintas partes do corpo, logo grabámonos explicando o que pasaba en cada unha delas e agora ao pulsar co lápis do Anybook sobre elas pódese escoitar a nosa explicación.
Tamén estivemos preparando as partes móbiles da nosa maqueta e xa pronto poderedes vela ao completo.
Fixemos puzzles en equipo.
Estamos rematando a secuencia didáctica de debuxar aos compis , xa casi nos debuxamos a tod@s! ! !
No Contexto de Teatro inventamos e representamos contos con: presentación, nudo e desenlace.
Aprendemos, escribimos e debuxamos vocabulario de primavera.
Facemos xogos de lectoescritura.
Como xa investigamos moito sobre a vida e a obra de Yayoi Kusama, agora estamos a aprender cousas sobre a cultura do seu país: Xapón.
Comezamos pola súa bandeira, aprendendo que representa o sol e chámase HINOMARU, que significa CÍRCULO SOLAR.
Tamén xogamos a inventar bandeiras e representalas modelando plastilina.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario