No Contexto de Teatro estamos a traballar as partes dos contos. Deste xeito , as historias que inventamos e representamos por equipos no escenario están sendo moito máis elaboradas.
Elaboramos os biscoitos dos cumpleañeir@s de abril e maio.
Participamos na Carreira Solidaria Save the Childen polo Día de Europa.
No contexto de casa-pobo fixemos a lista da compra.
Compartimos momentos de xogar e aprender.
No Contexto de Arte fixemos distintas composicións artísticas.
Tamén fixemos modelado en equipo de xeito colaborativo.
E recortamos follas para montar unha sorpresiña.
Seguimos aprendendo matemáticas de xeito manipulativo con distintos xogos no Contexto de Casa-pobo:
- Construímos contando.
- Completamos a serie numérica do Monstro de cores.
- Xogamos á pizza matemática.
- Facemos sumas e restas con flores e regadeiras.
- No Supermercado facemos o inventario, atendemos aos clientes e clasificamos e preparamos pedidos nos carros da compra.
Ás veces en lugar de ler conto, vemos un corto animado e logo reflexionamos e falamos na asamblea sobre o seu argumento.
Esta vez tocou falar sobre o bullying coa curtametraxe: Un puercoespín en Navidad.
Estamos a facer unha maqueta do aparello dixestivo para participar nos " xoves de Ciencia" do colexio.
Despedimos a Ana, que remata as súas prácticas do Grao de Mestra de Educación Infantil, cunha sorpresa que lle tiñamos preparada e que. . . algún "paxariño" custoulle non dicirllo. . . ¡Aiiiii eses paxariños faladores...qué perigo teñen!!!
Pero Ana tamén tiña unha sorpresa para nós, fíxonos brownie de chocolate riquísimo para convidarnos á merenda.
¡Grazas por todo profe Ana!
Xa sabes que aqui tes as portas abertas sempre .
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario