Xogando é como mellor se aprende, por iso é unha parte importantísima do noso día a día no cole.
jueves, 26 de diciembre de 2024
MOITO XOGO. . .
lunes, 23 de diciembre de 2024
EXPERIMENTO DE DECEMBRO: NEVARADA
Aqui vos deixamos un resumo do noso experimento do mes de decembro no Contexto de Xogos-Científico.
jueves, 19 de diciembre de 2024
CONTO: NOS TRATAMOS BIEN
Artai trouxo un conto a clase moi interesante , que fomos contando a pouquiños entre varios días porque íanos facendo pensar, falar , poñer en común ideas e aprender a querernos bonito e levarnos mellor.
martes, 17 de diciembre de 2024
AFUNDACIÓN: RETRATOS
Con motivo do seu 10º aniversario, Afundación, a Obra Social de Abanca, organiza a exposición"Simultánea", unha exposición que se fai á vez nas súas 7 sedes nas que se amosan obras de mási de 200 artistas galegos dos dous últimos séculos.
Nós visitamos onte na Sede de A Coruña o Capítulo "Modo Retrato", que nos permitiu achegarnos ao retrato dun xeito lúdico e divertido, buscando pistas nas diferentes salas e cadros.
sábado, 7 de diciembre de 2024
CONTEXTO DE CASA-POBO
Aqui vos deixamos unha escolma dalgunhas das actividades que facemos no Contexto de Casa-Pobo para traballar e aprender as matemáticas de xeito manipulativo.
Xogamos aos números terroríficos polo Samaín, asociando cada número coa súa cantidade e contando.
domingo, 1 de diciembre de 2024
PLANTAMOS LEITUGAS NO INVERNADOIRO
Fai un tempo xa , a comezos de novembro , fomos ao invernadoiro co profe Xoan a prantar leitugas.
E olvidóusenos contarvos o ben que o pasamos e o ben que o fixemos!
Aqui vos deixamos unha escolma de fotiños dese día.
Seguiremos actualizando. . .