sábado, 7 de diciembre de 2024

CONTEXTO DE CASA-POBO

 Aqui vos deixamos unha escolma dalgunhas das actividades que facemos no Contexto de Casa-Pobo para traballar e aprender as matemáticas de xeito manipulativo.

Xogamos aos números terroríficos polo Samaín, asociando cada número coa súa cantidade e contando.


Cando nos toca no recanto da Casiña, temos que facer a lista da compra e ir comprar .


No supermercado temos que facer reconto de mercancía para asegurarnos de ter suficiente para vender cando toque abrir o supermercado para a clientela.


Xogamos moito coas regletas, aprendendo o valor de cada unha e asociando cada cor a un valor numérico. Isto axudaranos no futuro a sumar, restar, descompoñer números, etc.
Facemos a escaleira que sube e a que baixa , ordenando de menor a maior, e de maior a menor.


Facemos o muro do 10.



Plasmamos parte do aprendido en papel para poder ensinárvolo na casiña.


Seguiremos actualizando. . .

No hay comentarios:

Publicar un comentario