Con motivo do seu 10º aniversario, Afundación, a Obra Social de Abanca, organiza a exposición"Simultánea", unha exposición que se fai á vez nas súas 7 sedes nas que se amosan obras de mási de 200 artistas galegos dos dous últimos séculos.
Nós visitamos onte na Sede de A Coruña o Capítulo "Modo Retrato", que nos permitiu achegarnos ao retrato dun xeito lúdico e divertido, buscando pistas nas diferentes salas e cadros.
Custonos un pouquiño ver unha persoa no primeiro cadro abstracto.
No seguinte, un retrato estilo cubista, atopamos xenial as figuras xeométricas que agochaba.
Percorrimos a sala na procura de númeos caídos dun retrato feito por Maruja Mallo, pois ela dáballe moita importancia ás matemáticas e ás proporcións dentro dos cadros.
Cambiamos de sala para ver uns retratos moooi especiais, os contidos nun cadro enorme que se dividía á súa vez en 3 cadros máis pequenos.
Rematamos a visita vendo os retratos da xente que viaxaba nun tren.
Por último acudimos ao taller, onde fixemos o retrato do/da compi que tiñamos sentad@ fronte a nós.
Somos súper artistas! ! !
Ao saír do museo, de camiño ao noso autobús, fixémonos unha fotiño para o recordo coa figuriña do carteiro dos Reis Magos que hai xunto ao Obelisco.
Seguiremos actualizando. . .
No hay comentarios:
Publicar un comentario