sábado, 10 de marzo de 2012

LANZAMENTO DE GORRA COMO DEPORTE OLÍMPICO !!!

Esta semaniña tócavos ler un pouquiño, porque teño que contarvos a última moda que causa furor á hora do recreo. Preguntarédesvos: É un xogo? non. É divertido? Según para quén... É o lanzamento de gorra como deporte olímpico... Si, damas e cabaleiros, así tal e cómo llo conto...
Explícome: A "gracia" consiste en lanzar a gorra dos amig@s do outro lado do valado do patio, pero non para calquera sitio, que iso non ten mérito, non, non... O mellor, (onde vai parar...) é lanzala onde non se pode recuperar, nas silvas do terreo do lado. E se non se ve a gorra porque foi para o fondo de todo e "tragárona" as silvas, moito mellor... Iso é a booooomba... A culpa é das silvas, que son moi tragonas...
Despois ven "o peliculón". No medio dun nutrido grupo de espectadores que se chivan ós profes de garda no patio (algún entre risiñas, porque o conto non vai con él ou ela), ó que quedou sen gorra non lle chegan os ollos para chorar máis, e ó "lanzador olímpico" repite unha e outra vez: " Te prometo, Bibi, que fue sin querer". Esa si que foi boa, sen querer non se lanza tan lonxe... pero qué lanzadores de béisbol se están perdendo... miña nai querida...
O caso é, que para poñer fin a esta nova moda, falamos moi seriamente da necesidade de levar a gorra posta, dos perigos do sol na cabeza e, sobre todo, de que a a ningún nos gusta que nos quiten as nosas cousas e as perdan.
Así que, o meu plan (malvado) para rematar con estas "olimpiadas", e que xa explicamos na clase, é que si lanzamos a gorra dun compañeir@ e queda sen ela o xusto é traerlle outra. Non pretendo que isto supoña un gasto máis para as familias, trátase de traer unha gorra que teñades na casa e que lles guste, que así ten máis mérito, para que se decaten do valor das cousas e de que a ninguén lle gusta quedarse sen elas.
Polo tanto, se nos próximos días chégavos unha notiña miña ca "feliz nova" de que tendes un "lanzador olímpico" na casa, xa sabedes... buscade unha gorra que teñades pola casa que lle guste ben para traer ó compañeiro que deixou sen ela e... apuntádeo a béisbol...
E despois deste monólogo (levanteime inspirada...) déixovos algunhas fotiños para que vexades que facemos algo máis que lanzamentos...

Bicos "olímpicos"


No hay comentarios:

Publicar un comentario