viernes, 13 de abril de 2012

A CAIXA DE INVENTAR CONTOS !!!

A última novidade na nosa clase é esta caixa para facernos pensar, imaxinar, soñar, deixar voar a imaxinación e  . . . perder a vergonza de falar en público. Chamámoslle  " A Caixa para inventar contos".
Cando a abrimos, atopamos 3 sobres que nos axudan a inventar un conto para regalarlle aos nos@s compañeir@s.  Nun atopamos personaxes,  noutro obxectos (máxicos ou non, ao gusto do consumidor) e noutro lugares. Temos que elexir unha tarxeta de cada sobre sen mirar  ( non vale facer trampas !!! ) e . . .contar  un conto para tod@s.
A nosa imaxinación é insuperable . . . e xunt@s xa viaxamos á lúa na que vivía unha raíña cunha espada máxica, a un bosque no que vivía unha pantasma que lle quitou a súa vasoira voadora a unha bruxa . . .
Mirade qué viaxes tan económicos . . . e que ben o pasamos !
Aqui vos deixamos algunhas fotiños cos atrevid@s que xa nos regalaron uhna historia .

Ábrese o telón. . .


No hay comentarios:

Publicar un comentario