A nosa aventura pirata rematou e nestes días fixemos os nosos derradeiros traballiños.
Durante todo este tempo fixemos un lote de cousas: identificámonos como grupo e co nome da nosa clase, xogamos, limos contos de piratas, aprendimos vocabulario novo ( vela, timón, catalexo. . . ) contamos historias de piratas, fixemos puzzles, usámolos como modelos de comportamento do que NON hai que facer, aprendimos a buscar información nos libros e en internet, cantamos, etc.
Nos vindeiros días levaremos para casa o libro dos piratas que fixemos e todas as cousiñas que trouxemos para o rincón dos piratas.
Xa vos informaremos de cal será o noso novo proxecto no que nos ímos embarcar para investigar xunt@s.
Xa vos informaremos de cal será o noso novo proxecto no que nos ímos embarcar para investigar xunt@s.
Graciñas pola vosa colaboración na nosa primeira aventura ! ! !
AO ABORDAXE MEUS PIRATAS ! ! ! on PhotoPeach
Aqui vos deixo o patrón da marioneta pirata, que a verdade non sei de onde saiu porque téñoa dende fai tempo xa, e tamén o traballiño do xuramento pirata que fixen para que pegasen a súa foto.
bicos.
Graciñas polo comentario no vídeo !!!
ResponderEliminarbicos.
Bibi.