Está claro que o noso é o artisteo, teatreiros somo un cacho, e o mesmo cantamos seguindo unha partitura que pintamos o que sexa necesario.
Desta volta, tocou decorar OVOS DE PASCUA que nos trouxo a profe Eva para tod@s.
Graciñas Eva, encantounos esta actividade! ! !
Para non pringarnos moito, clavamos os ovos nun pau de brocheta.
Agarrando o pau nunha man e o pincel na outra, con moito coidado pintamos a cor de base dos nosos ovos.
A concentracíón era máxima cada vez que había que xirar o ovo ! ! !
A Bruxa Pepita, moi previsora ela, trouxo paletas de pintores onde puxemos distintas cores repartidas por cada mesa.
Ao final parece que a cor que tivo máis éxito foi o rosa.
Ups!!! Anxo qué fas escondido detrás dunha flor? ? ?
Nesta foto podedes ver ben as nosas paletas de pintores.
A idea das paletas de pintores díxonola a profe Alexandra de 2º, que nos prestou unhas súas para probar.
A verdade é que as paletas nos resultaron moi prácticas e despóis ca pintura que sobrou fixemos cadros de "estilo libre".
Ups!!! Marc e Carmen tamén están agachados!!!
Non vos preocupedes, no vídeo saen tod@s ben.
Ás veces, os marcos son moi bonitos, pero nada doados de encaixar na foto ! ! !
Nestas tazas de coelliños tan monísimas. . . podedes ver algúns dos nosos ovos xa decorados e secando, e os que xa estaban preparados para levar no seu paquetiño.
Aqui vos deixamos ademáis o vídeo cas fotos.
Ovos de Pascua. on PhotoPeach
Bicos.