miércoles, 30 de abril de 2014

UNHAS MAZÁS CON SORPRESA ! !

Antes de tantas vacacións, pontes, acueductos, festivos varios e demáis momentos ociosos, estivemos pintando con pincel unhas mazás moooooooi especiais.


Había que ter moito coidado para non pintar o burato, que tiña que ser de cor negra.


Cada un elexiu a cor da súa mazá. Cando secaron, picámolas, pegámolas nunha folla de cores e fixemos uns vermes que colocamos entrando por un buratiño e saíndo por outro.


Quen se atreve a comelas? ? ?


Bicos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario