O venres, Lucas e Anxo trouxeron uns agasallos para desepedir o trimestre da forma mais doce : comendo chocolate.
Lucas trouxo unha bolsa moi orixinal que fixo ca axuda da súa nai, cun debuxo dun coelliño, na que traía chocolatinas para tod@s e que tomamos despóis da merenda.
Anxo repartiu unhas caixiñas con foma de coelliño, que tamén fixo ca axuda de súa nai, porque eran un pouco difíciles de recortar. Estas levámolas para casa, para ensinarvos a caixiña e acordamos que comeríamos o chocolate pola tarde despóis da merenda.
Graciñas a Lucas e Anxo e ás súas familias por lembrarse de nós de xeito taaaaaan doce ! ! !
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario