sábado, 12 de abril de 2014

O POLO PEPE.

Este foi o traballo que eleximos para presentar ao concurso de portadas do Galopín, a revista do colexio.

Despóis de contar o conto do Polo Pepe, un clásico que sempre gusta, dos que nunca pasan de moda, puxémonos máns á obra para facer ao noso poliño comendo grans de millo.


Os nosos debuxos, como podedes ver son do máis alegres e simpáticos.
Antes falamos da familia dos pitiños: a galiña e o galo, así como de outros animais que poden vivir nuha granxa  e dos cales as persoas obtemos beneficios: ovos, leite, lá, etc.

Traballamos moito para facer a nosa particular versión do Polo Pepe:  primeiro debuxamos co lápiz, despóis repasámolo con rotu negro, coloreamos con cera branda de Manley e rematamos facendo un fondo de cera dura e pintando herbiñas co rotulador.
Como ilustrador@s profesionais, mais ou menos. . . 


No seguinte vídeo podedes vernos en acción traballando.


                  O Polo Pepe. on PhotoPeach

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario