sábado, 27 de septiembre de 2014

DESPEGAMOS CARA AO ESPAZO E. . . ALGUNHA QUE OUTRA ARTISTADA. . .

Esta semana despegamos cara o espazo, por iso comezamos a traer a clase cousas para investigar.



Organizamos as nosas ideas sobre o tema, explicámolas ante os compañeiros e tomamos boa nota das respostas a estas dúas preguntas:
1- Que sabemos do espazo?
2- Que nos gustaría saber?
Como pasa sempre, as nonsas ideas son moitas por iso ao final acordamos escribir só as que nos parecían mais importantes.


Vimos debuxos animados do espazo, e non só o venres de cine, porque nos estamos a portar bastante ben e iso ten premio! ! !


E. . . unha das cousas que mais nos gustou foi que grazas á nosa compañeira Paula,  COMIMOS A LÚA ! ! !
Tentamos comprender e coñecer as fases da lúa e despois tentamos reproducilas cas galletas que trouxo Paula, amodiño e case tod@s xunt@s.


No paquetiño que trouxo Paula, viña unha pequena explicación con foto incluída e 4 galletas.
Para reproducir as fases da lúa na escola, empregamos dúas galletas que logo comimos ao final da actividade.
Por iso levaron para casa o paquetiño cas dúas galletas que quedaban e a explicación para saber facervos o mesmo truco na casa. Estou segura de  que se explicaron moi ben ! ! !

GRACIÑAS A PAULA E Á SÚA FAMILIA POR ESTE MOMENTO TAN DOCE ! ! !

Iso si, teño que aproveitar para insistirvos na AUTONOMÍA, pois son nen@s de 5 anos que non deberían ter problemas para abrir unha bolsiña ou paquete de galletas , nin para sacar e meter un papeliño nunha bolsa, e. . . houbo serios problemas. . . ejem. . . 

3,2,1. . . DESPEGAMOS! ! ! on PhotoPeach  

Pero o espazo non nos quitou tempo de "artistear", polo que fixemos unhas árbores de Outono que nos quedaron ben bonitas.




ÁRBORES DE OUTONO - Movie Maker

Xa por último, só nos queda ensinarvos uns debuxos preciosos que fixemos da historia do "Pato Afortunado". Agora ímos maiores e escoitamos todo tipo de lecturas, así que ista é unha historia real que apareceu na prensa e que nos trouxo a profe Pilar. 


Feliz semana!!!

Bicos.





1 comentario:

  1. Graciñas polos vosos comentarios no vídeo e pola app! ! !

    Está xenial que vos animedes a compartir ideas ! ! !

    Bicos.

    Bibi

    ResponderEliminar