Este xoves despedimos a Leonie, marcha de novo para a súa terra, pero agora xa sabe o que son os bicos, as apertas, as orellas, as filloas, a empanada, etc.
E nós estamos moi agradecidos de que acompañase á profe Chus todos os xoves á nosa clase para axudarnos a aprender a falar inglés.
Silvia, en calidade de encargada, fíxolle entrega dunha carpeta feita por nós que contiña un libro de debuxos para ela: primeiro fixémoslle un retrato e logo uns debuxos libres moi femosos.
Leonie dixo que tiñamos moito talento, e Lucas explicou para os que pensaban que falara en inglés que talento quería dicir que somos uns artistas.
Aqui tendes as imaxes de tan emotiva despedida.
Goodbye Leonie! ! ! on PhotoPeach
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario