domingo, 11 de octubre de 2015

PIRATAS Á ABORDAXE ! ! !

Nestes días estivemos pensando e escribindo os nosos coñecementos previos sobre os piratas, pero tamén pensamos no que nos gustaría aprender sobre eles. A profe Adriana tomou boa nota de todo o que dicíamos e ímolo incorporar ao mural pirata que estamos facendo para o rincón en canto o teñamos rematado.



MURAL PIRATA on PhotoPeach

Pero ademáis recibimos moooooooita axuda para as nosas investigacións.
Así que . . . mirade cantos tesouros temos ! ! !






TESOUROS RECIBIDOS on PhotoPeach

E ata aqui as nosas aventuras desta semana.

Para rematar, quixera facervos unha petición. De cara a comezar a preparar manualidades para decorar o cole polo Samaín, precisamos un tubiño de cartón dos que veñen co papel hixiénico.


Graciñas pola vosa colaboración!!!
Sodes un tesouro ! ! !
Desfrutade da ponte.

Bicos.


2 comentarios:

  1. Graciñas polos vosos comentarios nos vídeos e na entrada! ! !
    Si que é certo que son uns artistas,xa que están tendo moitiiiisimo coidado porque a pintura do mural non se pode borrar! ! ! Qué gran preocupación para algúns! ! ! ja ja ja.

    Bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar