domingo, 31 de enero de 2016

OPERACIÓN XACINTO ! ! !

Na clase temos un xacinto dende fai xa algún tempo.
Esta pranta non precisa estar na terra, pode estar nun cacharriño con auga e así vemos medrar as súas raíces.

Á volta das vacacións de Nadal decatámonos de que o noso cacharriño era moi pequeno e as raíces do noso xacinto non tiñan espazo suficiente para medrar, por iso iniciamos con moito coidado a nosa "operación xacinto" e cambiámolo para un cacharro máis apropiado.


Xacinto, xa podes seguir medrando ! ! !

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario