lunes, 8 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016: OS DEPORTES.

Este ano, o tema elexido polo colexio para celebrar o Entroido foi : Os deportes.
Os/as nenos/as de 4 anos viñemos disfrazados de Judokas.


Durante a semana fomos quentando motores para o desfile do venres seguindo os mandadiños de Entroido do Meco.






Tamén preparamos os nosos complementos para o Desfile do venres: Escudo de Judocas do Burgo e medalla. . . de ouro. . . por suposto ! ! !



Chegou o venres e  desfrutamos dunha rica merendola con produtos típicos de Entroido.
Durante toda a mañán contamos coa axuda da profe Adriana á que sempre temos moitas ganas de ver.
Grazas Adri ! ! !


Co bandullo cheo e despois de xogar no patio para baixar a comida. . . colocámonos con todos os nosos complementos preparad@s para desfilar.


Xa no pavillón, desfilamos como unha comparsa profesional con bandeiríns e pancartas ,e logo fixemos unha exhibición Judoka-choqueira.


Aqui vos deixamos un vídeo resumo en imaxes do venres.

Grazas á familia de Ana Montull por facerse cargo da miña cámara, pois aínda que a nena este ano xa está en primeiro, sacaron fotos e vídeos coa miña cámara ( como facían sempre)  e grazas a eles temos imaxes do desfile. Sodes estupendos familia! ! !

Entroido 2016: Judokas do Burgo. on PhotoPeach

Teño un vídeo da nosa actuación que non podo publicar no blog pois sae nel alumnado que non ten autorización para saír na web; sen embargo, si alguén está interesado en telo de recordo mandádeme un pen á volta das vacacións e volo paso.

Grazas pola vosa colaboración cos mandadiños do Meco, por aportar produtos típicos de Entroido para a merenda e sobre todo pola vosa comprensión o día do desfile non achegándovos aos cativ@s para que estivesen tranquil@s e así poder organizarnos mellor.

Feliz Entroido a tod@s! ! !

Moitos bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario