Antes da nada, quixera contarvos que a pasada semana cambiámonos de sitio de novo. Os cambios agora son encamiñados a que sexamos capaces de facer traballos colaborativos e que nos axudemos uns aos outr@s, sen competir para rematar antes, preocupándonos de tod@s os membros do noso equipo. Este vai sendo o resultado. . .
Grazas ás historias da "Mariquita Juanita" e ao traballo que facemos partindo doutros contos (dos que pedimos aos Reis Magos, por exemplo), cos que traballamos emocións e aprendemos a poñernos no lugar das outras persoas, cada vez razonamos un pouquiño mellor.
Esta semana, lembramos os xirasois que vimos a semana pasada e falamos do que precisan as plantas para medrar. Logo observamos o xacinto que temos na clase, ao que lle cambiamos o cacharriño xa fai tempo porque as súas raices medraban moito.
Falamos dos cambios que foi experimentando o nosos xacinto ata que lle medrou a flor e tamén do que precisou para medrar.
Logo plasmamos todas as nosas reflexións sobre o tema nun traballiño individual.
Así se foi transformando co paso do tempo.
Preparamos a plantilla onde ímos pegar os debuxos da evolución da nosa planta.
Recortamos as imaxes e pegámolas ordeadamente seguindo a secuencia cronolóxica.
Novamente, voltamos a buscar as cores de Juanita e os peixes en obras de arte.
Esta vez , buscamos outra vez a cor vermella e xogamos a pensar co cadro de Matisse "A danza".
As ideas comezan a xurdir rápidamente: son vermellos como os músicos do outro día, tampouco teñen roupa, están collidos da man, están xogando á roda, están xogando ao corro da pataca, mentras xogan á roda cantan, tamén bailan collidos da man, están contentos, están pasándoo ben, están no patio, ou están no parque, etc.
Logo, reproducimos á nosa maneira o cadro.
Aprendimos unha palabra nova: o verbo comparar.
Comparamos unha silla cunha mesa, pensamos e verbalizamos as súas semellanzas e diferenzas. Logo comparamos a dúas amigas da clase e pensamos e falamos das súas semellanzas e diferenzas.
Xa por último, comparamos a Juanita cos peixes do lago, observámolos e falamos das súas semellanzas e diferenzas. Rematamos a sesión plasmando ( con moooooito esforzo) nun traballo individual parte das nosas conclusións.
Bo traballo piratiñas!!!
Bicos.
Comparando estos niños con los de inicios de curso....madre mia cuanto aprendieron!!! Ánimo piratillas
ResponderEliminarGraciñas polo comentario!!!
ResponderEliminarA verdade é que eu véxoos máis maiores e sabiond@s tamén !!!
Bicos.
Bibi.