sábado, 7 de mayo de 2016

JUANITA E OS SEUS AMIGOS. . .

Seguimos pensando con Juanita e os seus amigos.
Coñecimos a Guillermo, o grilo saltarín e así foi como o debuxamos falando con Juanita.



Guillermo salta moi alto, por iso buscamos en internet distintos tipos de saltos (esquiando, bailando, coa bici, etc)  e falamos da actitude de Guillermo que axuda a Juanita a saltar e tamén a levantarse cando cae.
Ademais, como Guillermo xoga con Juanita, tentamos atopar xogos no cadro de Bruegel "Xogo de nenos".


Juanita recoñece que non sabe saltar como Guillermo.
Falamos das cousas que non somos capaces de facer e da nosa actitude cando isto sucede.
Plasmamos parte das nosas reflexións e afrontamos con sentido do humor o que non somos capaces de facer.


Coñecimos tamén a Carlos o colibrí e fixemos uns debuxos marabillosos nos que aparece con Juanita.


Xa vedes que estamos feitos uns artistas ! ! !


Falamos do traballo de Carlos o colibrí dando bicos ás flores e non había acordo sobre si lles parecía divertido ou aburrido. Pensamos noutros traballos que coñecíamos e que nos gustaban.
Observamos o cadro de Henri Rousseau: Pescadores.
Tardamos en darnos conta da profesión que estaban desempeñando.

Resultado de imagen de rousseau pescadores

Carlos o colibrí coñece todas a flores e nós tamén pensamos en todas as flores que coñecemos.
Logo tentamos escribir o nome dalgunhas.


Por último, coñecimos a Tania a araña.
Resaltamos a actitude de Juanita que da as grazas a Tania por regalarle a súa tea.
Falamos das ocasións nas que debemos dar as grazas ou decir por favor.
Representamos algunhas esceas do conto.


Debuxamos a Tania na súa casa.


Falamos dos distintos tipos de vivenda que coñecíamos : iglús, tipis, rascaceos, etc.
 Tamén da xente que non ten cartos e non pode vivir nunha casa como as nosas.
Vimos unha  foto das favelas de Brasil. Ao principio non sabían de qué se trataba pero pouco a pouco fomos descubrindo que as casas non tiñan cristais nas fiestras, que tiñan as fachadas rotas, que había lixo tirado na rúa, que os tellados non estaban en bo estado, etc.
Pensamos nas comodidades que temos nós nas nosas casas e que non teñen as persoas que viven en casas como as da foto
Reflexionamos moito, na medida en que a nosa idade nos deixa claro, pero teñen bastante empatía e un corazón moi grande para ser tan pequenos.


Tamén falamos das dinstntas "casas" que teñen os animais: tea para as arañas, o mar para os peixes, a colmena para as abellas, etc.

Aqui vos deixamos un resumo en imaxes destes momentos nos que xogamos a pensar cos amigos de Juanita.

Pensando con Juanita on PhotoPeach

Bicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario