domingo, 27 de noviembre de 2016

Magosto 2016

Fai uns días celebramos o MAGOSTO no colexio.

Resultado de imagen de gif animado castaña 

Na clase fixemos unhas coroas coas que saímos ao patio aproveitando o sol e bo tempo que nos acompañou durante toda a celebración.


Primeiro presenciamos a entrega de premios do Concurso de Larpeiradas Arrepiantes do Samaín.
Noraboa aos premiados e grazas a todo@s por participar.



Logo desfrutamos duns xogos populares que os nenos e nenas maiores, xunto cos profes de Educación Física, prepararon para nós.


Xa para o fin de festa, despois de ver como se levaba a cabo o oficio tradicional de asar castañas, degustamos os nosos cucuruchos de castañas quentiñas e. . . algúns incluso repetimos ! ! !


Aqui vos deixamos un vídeo resumo da xornada de festa para que vexades o ben que o pasamos e como dimos boa conta das castañas.


Magosto 2016 on PhotoPeach
 

Bicos.

1 comentario:

  1. Que bien lo pasasteis, pero si no fuese por Luana, no probaba las castañas, que Nico se las papou todas!!!

    ResponderEliminar