sábado, 21 de enero de 2017

1ª SESIÓN MUS-E: TEATRO

Este venres recibimos a Ramiro, o artista MUS-E co que ímos traballar a parte adicada ao TEATRO.
Ao ser a primeira sesión con él, adicámonos a que nos coñecese e a coñecernos mellor entre nós tamén, e aprendimos o importantíiiiiiiisimo que é o respecto.


Con algunhas das actividades propostas xurdiron pequenos desafíos relacionados co respecto polos demáis que aclaramos e axudáronos a madurar e mellorar.


Pois cando Ramiro dicía por exemplo unha comida que nos gustaba tiñamos que saír correndo cousa ben doada de facer pero. . . qué pasa cando estamos por parellas que non se poden rachar?


Aqui viña a importancia do respecto pois, aínda que a min non me guste o brecol, por exemplo, por respecto á miña parella teño que correr con él/ela e acompañalo/a e. . . iso non quere dicir que cambie o meu gusto pero. . . si que teño que respectar o da outra persoa.
Aprendímolo tan ben, que fomos capaces de facelo non só por parellas, tamén en equipos de catro persoas.

Aqui vos deixamos un resumo en imaxes da sesión.


MUUUUUUU

Dende que voltamos das vacacións de Nadal estivemos aprendendo moitas cousas das vacas, un dos animais da granxa que ao parecer máis chamaban a nosa atención, por iso decidimos centrarnos uns días en coñecelas un pouquiño mellor e así foi como soubemos moitas curiosidades sobre este animal.

Plasmamos unha mínima parte do aprendido en papel, pois o importante son as conversas e todo o que razoamos a medida que ímos investigando e descubrindo información nova.


Contamos o conto que Edgar lle pediu aos Reis para traballar na aula: A vaca que puxo un ovo.


Entre as actividades que fixemos partindo do conto destacou un pequeno traballiño en papel no que de xeito individual escribimos ao ditado (letra a letra) o título do conto.


Pero coma sempre na nosa aula as artistadas non poden faltar, así que coas instruccións máxicas para debuxar vacas fixemos uns fermosos cadros cos que decoramos o corredor que temos xunto á nosa clase.

Cousiñas que aínda non vos contamos.

Quedáronos unhas fotos pendentes de finais do 1º Trimestre que aínda non vos ensinamos.
 Uns días antes das vacacións de Nadal fomos ao CGAI a ver unha película moi fermosa titulada: Ponyo en el acantilado.


Esta é unha película do director Hayao Miyazaky baseada na historia de Hans Christian Andersen da "Sirenita", pero nunha versión que nada ten que ver coa historia que todos coñecemos.


A través desta versión que fai Miyazaky coñecemos a historia de Sosuke e Ponyo, reflexionamos sobre a contaminación no mar, o respecto polas persoas maiores, etc.


Tampouco vos ensinamos aínda as fotos dun conto que nos contou a profe Bea na que algúns participamos como protagonistas representando a historia.

Aqui nos tendes en acción. . . 


E ás veces algúns nenos traballan con Bea e preparan poemas e trabalinguas que logo recitan na aula para tod@s.


Ainda que cun chisco de retraso agardamos que vos gusten estas fotos.

Bicos.

domingo, 15 de enero de 2017

Actividades culturais

Por se vos resultan de interese, déixovos a información de dúas sesións de contacontos ás que podedes ir cos pequen@s:

VENRES 20 DE XANEIRO
Biblioteca González Garcés do Burgo 18:00 h.
Contos en Inglés: Bright Stanley
A partir de 4 anos.
Entrada libre.

VENRES 27 DE XANEIRO
Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa 18:00 h.
Contacontos coa Dragona Ramona: o papaventos da biblioteca.
A partir de 3 anos.
Entrada libre.

Bicos.

Aniversario de Manu Vila! ! !

Rematamos esta primeira semana do ano 2017 no colexio con outro cumpreanos.
Manu Vila trouxo un rico biscoito para convidarnos polo seu aniversario.


Parabéns e agardamos que tiveses moitos agasallos! ! !

Moitos bicos.

Aniversario de Edgar ! ! !

O noso amigo Edgar cumpriu 5 anos nas vacacións de Nadal, pero como  non tiñamos cole agardou para celebralo na aula á volta.

Trouxo un biscoito co que nos convidou a merendar e non quedou nin unha miguiña do rico que estaba.


Parabéns e agardamos que tiveses moitos agasallos! ! !

Moitos bicos.

Ano novo, clase nova ! ! !

Co cambio de ano tamén se produciron cambios na nosa clase, as cousas mudaron de sitio misteriosamente e agora temos más espazo tanto na asamblea como nos recunchos e. . . o mellor de todo é que agora a pizarra dixital está na asamblea! ! !

Mirade que ben o pasamos ao reencontrarnos despois das vacacións de Nadal compartindo aventuras nos novos recunchos.




Agardamos que vos gusten os cambios tanto como a nós.

Bicos.

jueves, 5 de enero de 2017

Aventuras de Nadal

Fixemos unhas fermosas portadas para os nosos traballiños cuns Reis magos minimalistas.


Así foi o proceso.



Despois de escoitar a súa historia fixemos un pequeno traballiño adicado ao Apalpador.

Resultado de imagen de o apalpador



O APALPADOR - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Convertímonos en elfos e elfas por un día.


Fixemos postais de Nadal para as nosas familias.


Antes da chegada das SSMM de Oriente presenciamos unha actuacíón musical na que participaba a nosa amiga Olaya cantando e tocando a pandeireta.
Ainda que. . .na calse Olaya xa nos fixera unha mini-actuación para nós en exclusiva.

Olaya artista! ! !



E coas nosas emocións a flor de pel, recibimos aos Reis Magos,
Asi foi a visita que fixeron ao noso colexio.



VISITA SSMM 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Cantamos unha panxoliña que aprendimos coa profe Luz.


Xa de volta na aula desfrutamos dunha rica merenda especial de Nadal que compartimos cos compañeir@s, antes de sair ao patio a xogar.



Estas foron as nosas aventuras de Nadal neste curso.

Por si alguén se aburre e non sabe que facer ata que cheguen os Reis Magos, aqui vos deixo un xogo para adornar árbores de Nadal.

XOGO DA ÁRBORE DE NADAL

Resultado de imagen de gif árbol de navidad

Portádevos ben, ide cedo para cama esta noite e dormide moito para que Os Reis Magos vos deixen agasallos e moita ilusión.

Resultado de imagen de gif reyes magos

Os Piratas da Ría deséxanvos unha feliz noite de Reis e que no 2017 se cumplan todos os vosos desexos.


Moitos bicos.

domingo, 1 de enero de 2017

A ratiña Pipa

A ratiña Pipa trasladouse a vivir á nosa clase.
 Cando ninguén a ve percorre o colexio buscando contos para nós; ás veces elixe contos dos que lles pedimos aos Reis Magos e Papá Noel para traballar na aula e outras veces sae da nosa clase na procura de histotias que poidan espertar a nosa curiosidade.




Quixera aproveitar para agradecer a súa colaboración a todas as familias que lembraron pedir aos Reis Magos e Papá Noel o ano pasado os contos cos que traballamos ao longo destos meses e que levaron de volta para casa agora que finalizou o trimestre.

Tamén animarvos a que fagades o mesmo coas peticións que vos mandamos este ano antes das vacacións de Nadal.

Pensade que os contos son material de aula tamén ao igual que os cadernos de traballo individuais, pero que neste caso permítenos traballar aspectos que cos cadernos non é posible e son de moita importancia nestas idades.
Cos contos traballamos: emocións, amizade, resolución pacífica de conflitos, valores, respecto, tolerancia, diversidade, etc.

Imagen relacionada


As suxestións de contos que vos facemos para pedir están pensadas tendo en conta os gustos e madurez de cada cativ@, así como os aspectos que se poden traballar na aula de xeito conxunto con eses contos, así que. . . lembrádello aos Reis Magos para que a ratiña Pipa teña onde escoller! ! !

Por si aínda non estades covencidos. . . aqui vos deixamos unha pequena montaxe con algúns dos moitos beneficios que teñen os contos no desenvolvemento dos pequen@s.