Quedáronos unhas fotos pendentes de finais do 1º Trimestre que aínda non vos ensinamos.
Uns días antes das vacacións de Nadal fomos ao CGAI a ver unha película moi fermosa titulada: Ponyo en el acantilado.
Esta é unha película do director Hayao Miyazaky baseada na historia de Hans Christian Andersen da "Sirenita", pero nunha versión que nada ten que ver coa historia que todos coñecemos.
A través desta versión que fai Miyazaky coñecemos a historia de Sosuke e Ponyo, reflexionamos sobre a contaminación no mar, o respecto polas persoas maiores, etc.
Tampouco vos ensinamos aínda as fotos dun conto que nos contou a profe Bea na que algúns participamos como protagonistas representando a historia.
Aqui nos tendes en acción. . .
E ás veces algúns nenos traballan con Bea e preparan poemas e trabalinguas que logo recitan na aula para tod@s.
Ainda que cun chisco de retraso agardamos que vos gusten estas fotos.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario