Dende que voltamos das vacacións de Nadal estivemos aprendendo moitas cousas das vacas, un dos animais da granxa que ao parecer máis chamaban a nosa atención, por iso decidimos centrarnos uns días en coñecelas un pouquiño mellor e así foi como soubemos moitas curiosidades sobre este animal.
Plasmamos unha mínima parte do aprendido en papel, pois o importante son as conversas e todo o que razoamos a medida que ímos investigando e descubrindo información nova.
Contamos o conto que Edgar lle pediu aos Reis para traballar na aula: A vaca que puxo un ovo.
Entre as actividades que fixemos partindo do conto destacou un pequeno traballiño en papel no que de xeito individual escribimos ao ditado (letra a letra) o título do conto.
Pero coma sempre na nosa aula as artistadas non poden faltar, así que coas instruccións máxicas para debuxar vacas fixemos uns fermosos cadros cos que decoramos o corredor que temos xunto á nosa clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario