lunes, 31 de julio de 2017

Lugris, paredes soñadas.

Ola de novo! Espero que estedes desfrutando dunhas estupendas vacacións!
 Tras unha parada obrigada, tentarei retomar o blogue para publicar algunhas fotos que me quedaron pendentes de amosarvos das nosas aventuras de finais de curso.

Nos derradeiros días do curso vistamos a sede de Afundación, alí percorrimos a exposición "Lugrís, paredes soñadas" acompañad@s de Laura. Ela conseguiu mergullarnos no mar de Lugrís na procura de máxicas sereas.



No taller con Ruth, fixemos un fermosos abecedario con letras deseñadas por Lugris co que logo decoramos a nosa aula.


Aqui vos deixamos un vídeo resumo da visita.
Cambiamos de formato de vídeo porque os anteriores agora cobran polos seus servizos, así que estiven explorando novas posibilidades de montaxe de fotos e agardamos que vos guste este novo formato.


Quixera aproveitar para agradecervos a vosa colaboración e voso cariño ao longo destes dous cursos e tamén o fermoso detalle que tivéchedes con Luz e comigo.

Seguiremos actualizando.

Moitos bicos e desfrutade do que queda de verán! ! !


No hay comentarios:

Publicar un comentario