sábado, 23 de septiembre de 2017

Xunt@s ! ! !

Esta semana xuntámonos tod@s e coñecimos amigos e amigas nov@s.

Nos nosos percheiros xa tiñamos as nosas fotos coas familias e colgamos as nosas cousas moi ben. Lembrade que para facilitarnos esta tarefa convén que teñamos unha cinta longa da que colgar as nosas chaquetas, podemos aproveitar a cinta para poñer o nome dos nen@s, pois cando a roupa cae no chan e non ten nome ás veces non resulta doado saber a quen pertence.


Nas nosas mesas as profes colocaron unhas etiquetas coas nosas fotos e os nosos nomes, así que agora temos un sitio individual onde sentarnos cómodamente a merendar, xogar, etc

Así xogamos coa plasti na clase das XOANIÑAS.


Así xogamos coa plasti na clase dos PIRATAS.



Estivemos na escola máis tempo, saímos ao patio as dúas clases xuntas e pasámolo xenial co patio para nós soíñ@s! ! !







Lembrade que este luns día 25 de setembro, xa rematado o Período de Adaptación, comezamos co horario normal, entramos ás 9 : 00 e saímos ás 13 : 45 aproximadamente os que ímos comer en casa. O alumnado de comedor de Educación Infantil pódese recoller a partir das 14 : 45 ata as 16 : 00 na porta de Educación Infantil pola que entraron. 

Procurade ser puntuais na entrada ás 9 : 00 pois xa non imos sair chamar por orde de lista, irán entrando a medida que cheguedes e nós estaremos recibíndoos e agardándoos para facer a fila no hall como estes días, antes de entrar na clase.

Tamén convén que sexades puntuais á hora de recollelos para evitarlles esperas e desgustos aos pequen@s

Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario