domingo, 29 de octubre de 2017

Quentando motores para o Samaín 2017.

Na biblioteca, tod@s xuntiñ@s, escoitamos o conto "Corre, corre, cabaciña que nos contou a profe Aurora.


Nas clases gústanos moito velo na pizarra dixital e cantar a canción.
Aqui vos deixamos os dous vídeos: o conto e a canción.




Fixemos un pequeno traballiño sobre o conto.



Fixemos monstriños para decorar no corredor diante das nosas clases.


Mirade que fermosos quedaron.



Elba perdeu o medo asustándonos a tod@s! ! !


Posamos cunhas máscaras terroríficas que nos trouxo a profe Pilar coas que non nos ides recoñecer seguro.

Posados na clase das XOANIÑAS.







Posados na clase dos PIRATAS.







Ensaiamos o baile do Samaín.

Aqui vos deixamos o vídeo coa canción de PACO NOGUEIRAS  que estamos aprendendo.




Ensaiamos o baile nas aulas coa axuda do alumnado de sexto curso de Educación Primaria.



Un dos maiores que veu a ensaiar con nós foi Xabi, o irmá de Sara Fernández, por iso aproveitamos para sacar unha fotiño de recordo.


Ademáis o venres tivemos a sesión de contacontos de Samaín, e este ano escoitamos o conto : A CASA DO RATO RENATO.



Así de ben escoitamos o conto.




Lembrade que mañán podemos traer cabazas adornadas con motivo do Samaín para decorar a escola e martes, ademais de vir terroríficamente disfrazados, temos a nosa quinta edición do Concurso de Larpeiradas Arrepiantes.

Bicos.

sábado, 28 de octubre de 2017

Un pouco de aqui e un pouco de acolá.

Temos que contarvos moitas cousiñas que fixemos nestes últimos días e que aínda non tivemos tempo de amosarvos.

Despois dos incendios que asolaron Galicia, falamos nas aulas da importancia da coidar a natureza, pois os nosos bosques e as nosas árbores son o fogar de moitos animais.
Ao rematar o recreo concentrámonos no patio dos maiores xunto con todos os nenos e nenas da escola para manifestar a nosa repulsa ante tales feitos.




Pasámolo xenial percorrendo un circuíto no ximnasio e aprendimos a agardar a nosa quenda.



Animamos a Andrea para que nos faga postres moi ricos na actividade de cociña e dímoslle un aplauso ben grande, pois estaba un pouquiño tristona por ser a mais pequena da actividade.


E continuamos facendo algún traballiño do Polo Pepe.



Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


Aniversarios de Xabi, Denis, Carla e Antía ! ! ! De festa en festa! ! !

O venres 20 de outubro tivemos un aniversario en cada clase.
Na clase das XOANIÑAS , Denis cumpriu 3 anos e convidounos a merendar.




Na clase dos PIRATAS tamén houbo un aniversario o venres 20 e Xabi convidounos a un rico biscoito á hora da merenda.




O luns 23 celebramos un dobre aniversario as dúas clases xuntas! ! !
Carla e Antía cumprían 3 anos e a súa familia acompañounos para celebralo á hora da merenda.




Parabéns a tod@s! ! !
Moitos bicos e agardamos que tivésedes moitos agasallos! ! !





martes, 17 de octubre de 2017

Ollo á pantalla!!!

Coa axuda  da pizarra dixital estivemos aprendendo os días da semana cantando.
Aquí vos deixamos o vídeo. 


Tamén aprendemos a saudar cando chegamos ao cole polas mañás, dicimos bos días e cantamos.


Ademais na CLASE DOS PIRATAS comezamos o día cantando con Pablo Díaz a canción dos piratas, na clase poñemos o cd que se escoita mellor, pero para os que queiran cantar na casa aqui vos deixamos un vídeo.


Seguimos cantando nas dúas clases a canción do Polo Pepe.


E ademais, estivemos vendo un contiños (curtos animados) moi interesantes que nos axudan a traballar emocións, habilidades sociais, comportamento, etc

Con este corto falamos de resolver os problemiñas falando e non pegando, axudar aos demais, respectalos, compartir espazos, etc.


Co seguinte seguimos traballando emocións, resolución de conflictos, cooperación, a importancia de compartir xoguetes, etc.


Seguiremos actualizando.

Bicos.


domingo, 8 de octubre de 2017

Comezamos outubro con novas actividades tod@s xunt@s! ! !

Esta semana temos montaxes de vídeos con fotos, premede no tringulo central para poder velas.

O mércores imos ao ximnasio a facer psicomotricidade.


O xoves tocou música, ritmo e movemento na aula de música.


O luns biblioteca e anímación á lectura cunha sesión de contacontos.


E con isto despedímonos ata a semana que ven.

Bicos.



Primeira semana co horario completo.

A nosa primeira semana no colexio co horario completo comezamos a facer asambleas mais longas e cada día temos un encargad@ que axuda ás profes a poñer a data, o tempo que fai, cantamos, falamos ordeadamente e escoitamos aos demais, etc.


Mentres xogamos-aprendemos nos rincóns, as profes van chamándonos para facer algúns traballiños en papel en pequeno grupo, deste xeito poden atendernos mellor e dun xeito mais individualizado.





Seguiremos actualizando.

Bicos.