sábado, 28 de octubre de 2017

Un pouco de aqui e un pouco de acolá.

Temos que contarvos moitas cousiñas que fixemos nestes últimos días e que aínda non tivemos tempo de amosarvos.

Despois dos incendios que asolaron Galicia, falamos nas aulas da importancia da coidar a natureza, pois os nosos bosques e as nosas árbores son o fogar de moitos animais.
Ao rematar o recreo concentrámonos no patio dos maiores xunto con todos os nenos e nenas da escola para manifestar a nosa repulsa ante tales feitos.




Pasámolo xenial percorrendo un circuíto no ximnasio e aprendimos a agardar a nosa quenda.



Animamos a Andrea para que nos faga postres moi ricos na actividade de cociña e dímoslle un aplauso ben grande, pois estaba un pouquiño tristona por ser a mais pequena da actividade.


E continuamos facendo algún traballiño do Polo Pepe.



Seguiremos actualizando. . .

Bicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario