Na biblioteca, tod@s xuntiñ@s, escoitamos o conto "Corre, corre, cabaciña que nos contou a profe Aurora.
Nas clases gústanos moito velo na pizarra dixital e cantar a canción.
Aqui vos deixamos os dous vídeos: o conto e a canción.
Fixemos un pequeno traballiño sobre o conto.
Fixemos monstriños para decorar no corredor diante das nosas clases.
Mirade que fermosos quedaron.
Elba perdeu o medo asustándonos a tod@s! ! !
Posamos cunhas máscaras terroríficas que nos trouxo a profe Pilar coas que non nos ides recoñecer seguro.
Posados na clase das XOANIÑAS.
Posados na clase dos PIRATAS.
Ensaiamos o baile do Samaín.
Aqui vos deixamos o vídeo coa canción de PACO NOGUEIRAS que estamos aprendendo.
Ensaiamos o baile nas aulas coa axuda do alumnado de sexto curso de Educación Primaria.
Un dos maiores que veu a ensaiar con nós foi Xabi, o irmá de Sara Fernández, por iso aproveitamos para sacar unha fotiño de recordo.
Ademáis o venres tivemos a sesión de contacontos de Samaín, e este ano escoitamos o conto : A CASA DO RATO RENATO.
Así de ben escoitamos o conto.
Lembrade que mañán podemos traer cabazas adornadas con motivo do Samaín para decorar a escola e martes, ademais de vir terroríficamente disfrazados, temos a nosa quinta edición do Concurso de Larpeiradas Arrepiantes.
Bicos.
Soy xabi, gracias Bibi por esa foto tan chula
ResponderEliminarGrazas polo comentario Xabi, alégrome de que che gustase a foto! ! !
EliminarBicos.
Bibi
Que boa época o Samain para perder os medos!!! Xenial traballo. Graciñas!!
ResponderEliminarGrazas a vos polo comentario!!!
ResponderEliminarBicos.
Bibi
Qué ben o pasan! Gracias por esta pequena mostra profe Bibi!
ResponderEliminarGrazas a vos polo comentario! ! !
ResponderEliminarTeño mais fotos aínda, pero preciso atopar tempo para ir montándoas e subíndoas.
Bicos.
Bibi