martes, 17 de octubre de 2017

Ollo á pantalla!!!

Coa axuda  da pizarra dixital estivemos aprendendo os días da semana cantando.
Aquí vos deixamos o vídeo. 


Tamén aprendemos a saudar cando chegamos ao cole polas mañás, dicimos bos días e cantamos.


Ademais na CLASE DOS PIRATAS comezamos o día cantando con Pablo Díaz a canción dos piratas, na clase poñemos o cd que se escoita mellor, pero para os que queiran cantar na casa aqui vos deixamos un vídeo.


Seguimos cantando nas dúas clases a canción do Polo Pepe.


E ademais, estivemos vendo un contiños (curtos animados) moi interesantes que nos axudan a traballar emocións, habilidades sociais, comportamento, etc

Con este corto falamos de resolver os problemiñas falando e non pegando, axudar aos demais, respectalos, compartir espazos, etc.


Co seguinte seguimos traballando emocións, resolución de conflictos, cooperación, a importancia de compartir xoguetes, etc.


Seguiremos actualizando.

Bicos.


2 comentarios: