Coas cartas aprendemos xogando: recoñecemos os números 1, 2 e 3 e clasificámolas según o número que aparece na carta, clasificamos tamén según o número de debuxos que teñen (1, 2 ou 3), asociamos número cantidade, etc.
Aprendemos moitísimo xogando e aínda que destas actividades neste momento só teño fotos da miña aula, son actividades que se levan a cabo nas dúas clases de tres anos.
Son actividades de lóxica-matemática que facemos na asamblea a miúdo.
No ximnasio, na hora de Psicomotricidade, estamos practicando circuítos nos que traballamos o equilibrio, a lateralidade e alternacia de pés, os saltos cos pés xuntos e separados, o gateo, etc.
Aqui nos tendes, XOANIÑAS e PIRATAS en acción.
Seguiremos actualizando. . .
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario