domingo, 18 de marzo de 2018

Cuentistas

Estes días sorprendímonos moi gratamente ao descubrir que temos uns peques moi "cuentistas", encántalles falar en público e "contar" contos ou o que xurda, ás veces axustándose á realidade e outras. . . en versión libre, pero sempre dun xeito que fan que todo sexa interesantísimo e, o máis importante, divertidísimo.

Con todo o noso cariño para @s cuentistas. . .

Por un lado temos @s clásicos aos que lles encanta contar contos e que o público estea caladiño. . .


Tamén temos as que contan contos con moito estilo. . .


Pou outro lado, están os que contan unha visita á Casa das Ciencias e o nacemento dos pitiños da incubadora como se fose un conto de Ciencia Ficción.


E xa para rematar, descubrimos quen conta e fala por teléfono pero. . . ollo, que sospeitamos dunha conferencia a longa distancia! ! ! Que vai pasar cando nos chegue a factura? ? ?


Que teñades unha boa semana ! ! !

Moitos bicos.





2 comentarios: