O pasado veres celebramos o Magosto na escola.
Pasámolo xenial cos xogos que fixemos no patio: carreiras de relevos levando unha castaña, xogamos a encestar castañas e tamén a unha invención moi divertida que se chamaba "a castaña de guante guante o que a teña que se levante".
Rímonos moito, corrimos e escorrentamos o frío.
Tamén fomos ver cómo traballaba o castañeiro e despois de merendar comimos unhas ricas castañas.
Aqui tendes fotiños que o amosan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario