sábado, 5 de febrero de 2022

CONTEXTO DE ARTE FEBREIRO

Esta semana que remata estivemos no Contexto de Arte e pasámolo xenial facendo cousiñas mooooi chulis.
Pero tamén comezamos a recibir material da casa para o noso Proxecto dos Pingüíns.


Pintamos unha casiña de paxaros para poñer nunha das árbores do cole.





Fixemos copos de neve con sal seguindo unha idea de @a_profe_inne .


E logo pintámolos con colorante alimentario diluído en auga e un contagotas.



E xa para rematar pegámoslle ao redor, facendo un marco, papel charol de tonos azuis facendo unha serie ( claro-escuro).


Fixemos ademáis composicións artísticas con pintura, rotus ou cunchas e peiteados moi especiais lanzando o dado dos grafismos creativos.



E tamén unha pomba da paz moi fermosa con pasta de modelar de secado rápido que logo pintamos cuns rotus especiais.


Quédame pendente ensinarvos uns debuxos de pingüíns alucinantes que fixeron o venres, pero que non me dou tempo de facerlles foto a todos.


Ata pronto! ! !
Biquiños

Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario