Esta semana , houbo un día que recibimos a visita de Giuliana e Daniel, de 5ºB de Educación Primaria , que viñeron a contarnos o conto: Un agasallo diferente.
Xogamos a "conta e colorea"
No Contexto de Teatro inventamos e representamos contos de inverno por equipos.
Os cumpreañeir@s do mes de Xaneiro subiron coa profe Susana á cociña a facer uns biscoitos para convidarnos ás dúas clases de 5 anos á hora da merenda.
No Contexto de Arte pintamos un oso.
Traballamos a lóxica-matemática aprendendo a xogar á "Pizza matemática" no Contexto de Casa-Pobo.
Seguimos investigando cousiñas relacionadas co noso corpo, falamos dos ósos, das articulacións, dos músculos. . . Tamén voltamos a relacionar os números co noso corpo. Atopamos números nos nosos zapatos e aprendimos que os números nos axudan na nosa vida cotiá , como por exemplo agora para saber de qué tamaño temos os nosos pés e qué numero de zapato precisamos.
No supermercado estamos aprendendo a facer reconto da mercancía.
Aprendemos xogando e compartindo.
En Teatro, con Ramiro, pasámolo xenial .
Comezamos falando do noso mellor momento da semana para romper o xeo.
Logo representamos pequenas escenas como por exemplo: camiñar como tigres
Camiñar como osos.
Sentir enfado.
Xogar no parque.
Ir á biblioteca.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario