sábado, 17 de junio de 2023

XA ULE A VERÁN. . .

 Xa non queda casi nada para rematar o curso e comezar as vacacións de verán, por iso esta semana celebramos os cumpres de xuño.


Fixemos un traballiño onde plasmamos o aprendido sobre o ciclo de vida dos vermes de seda e tamén o representamos modelando plastilina.


Estivemos aprendendo a debuxar un tiburón.


Como colofón ao proxecto de Arte adicado a Yayoi Kusama, e despois de aprender cousiñas sobre a cultura xaponesa, comezamos a ver a pelicula de animación xaponesa "Mi vecino Totoro" de Hayao Miyazaki.


Seguiremos actualizando. . .
Biquiños.

Bibi


No hay comentarios:

Publicar un comentario