domingo, 24 de marzo de 2024

DESPEDIDA DE ELENA

Había unha vez unha nena que se chamaba Elena que estudou no colexio Ría do Burgo. 

Anos despois, decidiu que quería ser profesora e, voltou ás aulas nas que comezou a súa andaina educativa para facer as súas prácticas da carreira.


Esta semana tocou despedirnos de Elena.

Querida Elena queremos agradecerche que nos elexises para compartir connosco as túas pácticas de Maxisterio. Foi un verdadeiro privilexio contar contigo nas nosas aulas de 3 anos.

Fuches unha fonte de inspiración para todos nós, tanto para os/as peques como para as profes.

A túa alegría, a túa paciencia e o teu compromiso coa educación son marabillosos. 

Ainda que as túas primeiras prácticas cheguen ao seu fin, levaremos sempre con nós a  lembranza do teu paso como profe deste teu cole. Sabemos que deixarás unha pegada imborrable na educación. 


Lembra que no Ría do Burgo tes a túa casa!

Volta pronto!

Biquiños

Pilar e Bibi

No hay comentarios:

Publicar un comentario