Non vos asustedes ! Nin estamos tolos, nin imos falar dos nosos corpos serranos. . . o que pasa é que nestes días falamos do corpo dos dinosauros e das súas diferenzas e semellanzas co noso corpo. Pintamos un dinosauro grande, contamos cántas patas tiña, falamos de que as persoas non temos patas, que temos brazos e pernas ( aínda que algún segue dicindo que ten patas . . .), comparamos o número de dedos que teñen os dinosauros cos que temos nós, tamén comparamos as dentaduras. . . En fin, que como vos imaxinaredes xa, a conversa deu moito de sí porque leria temos moita . . .
Despois puxemos ao noso gran dino o nome dalgunhas partes do seu corpo e colocámolo no pasillo, pero . . . moi ao noso pesar . . . non asusta a ninguén . . . nin aos nosos irmáns pequenos . . . je je je . . .
E xa para rematar, cada un de maneira individual puxo o nome das partes do corpo ao seu dinosauro pequeno e coloreouno ao seu gusto.
Aqui vos deixamos algunhas fotiños e tamén un enlace novo para xogar cos dinosauros.
Cando entredes no enlace, para xogar cos dinos tendes que elexir o 1º trimestre (onde pon 1 T ) e despois pinchar onde pon "somos investigadores" ou pinchar directamente na imaxe do dinosauro que aparece debaixo do globo. Tamén hai outros contidos que non son de dinos pero vos poden interesar.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario