Como xa sabedes, este curso o PDI da nosa Biblioteca está adicado aos Inventos.
O invento que nos toca investigar en 3 anos A é : A GUITARRA.
Para axudarnos coa motivación previa, coñecer algúns instrumentos e logo centrarnos na guitarra ,pedimos axuda dun músico. Por iso, esta semana recibimos a visita de Cristóbal que é ademais profe de música. Con él pasámolo xenial e aprendimos moito.
Primeiro presentounos aos instrumentos, e contounos que tamén teñen familias, igual que nós.
Coñecimos algúns intrumentos da familia de vento: a trompeta e o clarinete. Coa trompeta, o seu son era tan forte que tiñamos que agarrarnos ao chan para non sair voando!
Logo chegaron os instrumentos da familia de percusión e coñecimos o caixón flamenco.
E por último coñecimos aos intrumentos da familia de corda. Nesa familia estaba a guitarra eléctrica, a española , o ukelele e o violín. Desta familia foi da que máis instrumentos nos ensinou porque o noso invento, a guitarra, pertence a esta familia.
Falamos dentro da boca da guitarra e exploramos como o son da nosa voz escoitátabase máis forte.
Despois tocaba moverse e bailamos ao ritmo da nota DO, que se move como un coche sen ter motor.
Repartimos notas musicais para tod@s como se fosen volantes e . . . a bailar e conducir sen chocar ao ritmo da música!
Unha vez superada a proba de saber bailar coa nota DO, puidemos formar grupos musicais e tocar os instrumentos das distintas familias. Menos os de vento, que por motivos hixiénicos non tocamos.
E xa para rematar a sesión, profundizamos un pouquiño máis no instrumento que nos toca investigar: a guitarra.
Aprendimos que ten distintas partes como o noso corpo. Ten: boca, cordas, mástil e clavixas.
Falamos dos distintos materiais dos que estaban feitas a guitarra clásica e a eléctrica, da diferencia nas súas cordas, no son e por suposto...probámolas tod@s!
Pero sen dúbida, o que máis paixón levantou en nós foi a guitarra eléctrica.
Está claro que o nos é o Rock and Roll ! ! !
Moitas grazas por vir Cristóbal!
Foi un pracer compartir clase e música contigo!
Aprendimos moito e pasámolo xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario