Continuamos traballando un pouquiño máis ao pintor malagueño e aventurámonos a facer uns fermosos "retratos picassianos" empregando a técnica do collage.
A actividade resultou moi divertida e imaxinativa, xa veredes como as súas obras son orixinais e . . . verdadeiras obras de arte ! ! !
Por equipos, tiñan que compartir distintos retratos feitos por Picasso e recortar deles a parte da cara que precisasen sen romper o resto, pois podía ser empregado polo resto dos compañeir@s.
Qué importante é ter en conta aos demáis e a colaboración ! ! !
Tod@s o entenderon moi ben e recortaban con moito coidado: eu quero este pelo, ti toma estes ollos, pídome estas orellas, etc.
@s profes damos exemplo ! ! ! Grazas profe Eva por unirte aos nosos experimentos e axudarnos! ! !
Mirade qué fermosos quedaron os nosos collages e qué exposición montamos no corredor xunto á nosa clase.
Na seguinte montaxe de vídeo podedes ver máis polo miúdo todos os nosos collages.
COLLAGES PICASSIANOS on PhotoPeach
Tamén visitamos a exposición adicada a Picasso na entrada do colexio e, como si dun verdadeiro museo se tratase, admiramos e comentamos as obras ali expostas sen pasar a banda de seguridade e , por suposto, sen tocar.
Si queredes ver con máis detalle cómo elaboramos os collages e a visita á exposición do colexio non tendes máis que tomar asiento e desfrutar da seguinte montaxe en imaxes.
Picasseando II on PhotoPeach
Aqui vos deixamos unha foto de grupo para o recordo.
E xa para rematar, achégovos información dunha proposta do Museo de Belas Artes con motivo do Día Internacional dos Museos para o vindeiro DOMINGO 17 DE MAIO.
Taller "Picasso en familia"
Unha divertida proposta para toda a familia, para achegarse ao neno Pablo e á Coruña á que chega a finais do século XIX a través do xogo e o diálogo coas obras, abordando o seu gran paisión: o debuxo e a pintura. Actividade dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, acompañados por un adulto.
Para esta visita requírese anotación previa (máximo dous nenos por chamada) que se abre o luns 11 de maio en:
Teléfono: 881 881 700 (de luns a venres, de 10 a 14 horas)

Bicos e boa semana.
Estuvimos viendo la exposición con Rita y nos encantó, espero volver y apuntarla a la actividad para niños ya que la otra vez no pudo ir, estaba completo, saludos
ResponderEliminarEstuvimos viendo la exposición con Rita y nos encantó, espero volver y apuntarla a la actividad para niños ya que la otra vez no pudo ir, estaba completo, saludos
ResponderEliminarGraciñas polos comentarios!!!
ResponderEliminarBicos.
Bibi.