viernes, 15 de marzo de 2013

ABRIMOS OS OLLOS AO ARTE. . .

O tempo vai pasando, estes piratiñas van madurando e gustaríame acercal@s ao Arte, pouquiño a pouco.
Para comezar por algo sinxelo, que poidan experimentar e conectar en certa maneira, co proxecto do corpo, estamos coñecendo ao pintor Jackson Pollock.
El@s chámanlle "polo" como os que comemos no verán. . . je je je. . .
O primeiro que fixen foi poñerlles un vídeo no que aparecía pintando, non lles dixen nada, só que tiñan que estar moi atent@s  para ver si adiviñaban cal era a súa profesión. Non houbo dúbidas, berraron ao unísono: PINTOOOOOOR.
- Pero qué pinta ¿paredes? casas?
- NOOOOO, CUADROS !!!
Aqui nos tendes vendo o vídeo.


Chamoulles moito a atención, porque o lienzo estaba no chán e Pollock estaba descalzo pintando sobre o lienzo, deixaba gotear a pintura e. . . témoslle ganas ao de descalzarnos, eu tamén para qué negalo, asi que calquera día chegan a casa cos pés manchados de pintura. . . 
Pero ademáis, Pollock saía fumando, e aproveitamos que estamos investigando o corpo para dicir o malisisisisismo que é fumar e. . . algún paxariño cantou que os seus papás fuman, e que estropean o corpo. . . 
Había que experimentar e. . . como a pizarra máxica gusta moito, comezamos pintando como Pollock empregando a pizarra, de momento sen mancharnos, no seguinte enlace:
Aqui nos tendes desfrutando !!! Ata lle puxemos título ao noso 1º cadro !!!

Pintando como Pollock na pizarra máxica!!! on PhotoPeach

 Falamos da data na que nacimos, e da data na que naceu o pintor. Uníndoo co tema do corpo, investigamos e vimos que botamos 9 meses na barriga de mami antes de nacer, que comemos a través do cordón umbilical, que o primeiro que quere saír é a cabeza, que nos cortan o cordón umbilical ao nacer, que o día que nacemos é cando celebramos o noso cumple, e un longo etc. 
O tema  dou moito de sí. . .ata que chegamos a que Pollock naceu en Xaneiro e buscamos qué nen@s da clase naceron neste mes: Jennifer, Milagros e Daniel. Falamos de que en Xaneiro estamos en Inverno e fai frío, pero que falta pouquiño para a primavera. (que veña xaaaaaaa. . . )


Despóis veu a pregunta do millón: Ónde naceu?
E daquela tivemos que buscar EEUU no mapa mundi e poñer o mapa ben grande na pizarra máxica para velo tod@s. Agora todo o que buscamos témolo que ver en grande !!!
Había algo tamén  moi grande entre onde estamos nós e onde naceu él. Ao final chegamos á conclusión de que era un mar moi grande ou un océano !!! Toma castaña!!! Día inspirado ! ! !
Pero que non podíamos chegar andando, só en barco, en avión ou, ca opción de Anxo e Isma que están empeñados en ir en submarino. Pero non vos preocupedes, que xa lles dixen que se nos vai do presuposto. . . 

Próximamente outro capítulo das aventuras d@s pequen@s artistas. . .

Aqui vos deixo as actividades en papel que fixemos, para dar fé do que traballamos e lembralo máis adiante:


E tamén a actividade que mandamos para casa esta fin de semana, porque seguimos a voltas co tema do nacemento:



bicos.

 .

2 comentarios:

  1. está xenial! Anxo leva toda a semana contando cousas do embarazo, de Jackson Pollock,... e quere ser pintor. a ver se así lle colle o gusto a pintar cando lle manda na clase

    ResponderEliminar
  2. Graciñas polos vosos comentarios!

    Un bico para Rita, Natalia e Noel, que levan moitos días sen vir.
    Si non estades ben para vir antes das vacacións pero queredes os traballiños, podedes pasarvos o venres á hora da saída a buscalos.
    Eu tereinos preparados por si queredes vir a por eles.

    bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar