Seguimos investigando Pingüíns, e esta vez no Contexto de Arte fixemos moooooi ben unha proposta moooooi dificil .
Mirade qué ben debuxamos a metade que falta do pingüín.
Creamos con distintos materiais.
Eleximos un /unha compi de clase para escribir o seu nome e debuxalo/a.
Diego trouxo un conto moi fermoso dun faro e gustounos tanto que debuxamos o noso propio faro como ilustradoras/es profesionais.
Facemos Ioga cos animais mariños para relaxarnos.
Aqui tendes o vídeo por si queredes seguir practicando.
Por fin comezamos as clases de Teatro con Ramiro, dentro do programa MUS-E.
Nesta primeira sesión quentamos motores presentándonos e facendo algún xogo.
E seguimos versionando as obras de Romero Britto ao tempo que aprendemos a pintar con pincel.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario